acariase

acariase

(< lat acarus + -ăsis< gr ἄκαρι ‘ácaro’ +gr-ασις ‘proceso, estado’)

  1. s f [BOT/PAT]

    Nome dado a algunhas afeccións das plantas ocasionadas por ácaros parasitos, como por exemplo a acariase da viña, producida por Phyllocoptes vitis, ou a do crisantemo, debida a Paraphytoptus chrysantemi.

  2. s f [ZOOL/PAT]

    Afección das abellas producida polo ácaro Acarapis woodi, que vive no interior das tráqueas respiratorias.

  3. s f [PAT]

    sarna.

Palabras veciñas

acaravillar | acarear | acareo | acariase | acariciado -da | acariciador -ra | acariciante