"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
-
Sólido cristalino, de cor vermella, pouco soluble en auga e soluble en alcohol e éter, que se funde a 256°C. Emprégase como colorante para o algodón e a tintura microscópica.
-
Pos moi finos de bronce usados como pintura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
purpúreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de quilo nos ouriños.
-
GALICIA
Relixioso. Coñecido como o cura de Casoio, en 1809 ocupouse de alertar a poboación da chegada dos franceses. Foi comandante das forzas de Valdeorras e castigou duramente aos homes de Soult en Montefurado. Redactou unhas ordenanzas en 24 artigos para manter a disciplina dos homes baixo o seu mando que quedaron manuscritas. Ao finalizar a Guerra da Independencia, rexeitou unha coenxía en Ciudad Rodrigo. O seu irmán Xoán Bernardo Quiroga Uría (O Hospital, Quiroga s XIX) tamén participou nas guerrillas para loitar contra os franceses. Formou parte da Xunta Superior de Galicia e foi deputado pola provincia de Lugo (1810-1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar noruego. Simpatizante do nazismo, colaborou cos alemáns durante a ocupación de Noruega (1940) e o seu partido, o Nasjonal Samling (Unidade Nacional), pasou a ser o único permitido no país. Xefe de goberno (1942), aboliu a constitución e o réxime parlamentario e, ao terminar a guerra, foi xulgado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos rabdopléuridos.
-
Hemicordado da orde dos rabdopléuridos.
-
Orde de hemicordados da clase dos pterobranquios, caracterizados por formar colonias que se orixinan por xemación e nas que os individuos están unidos por un estolón ramificado e ennegrecido. Tanto os individuos como o estolón están recubertos por un tubo córneo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
polirradiculite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de neurite que aparece en individuos que estiveron baixo a influencia dos raios X durante moito tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasteurización dos alimentos con radiacións ionizantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (5.196 km2; 788.525 h [2000]). A súa capital é Ratchaburi (82.496 h [2000]).
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Discípulo de G. Fauré, integrou a linguaxe musical de Mozart, Chopin, Borodin e Stravinskij, e incorporou elementos de música exótica en Schéhérazade (1903). Nas súas obras pianísticas evolucionou da complexidade de Jeux d’eaux (1901) á simplicidade de Sonatine (1905) e da suite Ma mère l’oye (1905). Escribiu dúas obras para escena, a ópera L’heure espagnole (1907) e a lírica fantástica L’enfant et les sortilèges (1925). En música de concerto amosou a súa vinculación ao neoclasicismo, en especial no Concerto en sol majeur (1931), para piano e orquestra. O seu talento de orquestrador púxose de manifesto na Rhapsodie espagnole (1907), no ballet Daphnis et Chloé (1909), nos célebres La Valse (1920) e Bolero (1927), e na transcrición orquestral dos Cadros dunha exposición, de Mussorgskij.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Profesor en París, experimentou sobre as transfusións de sangue, estudou a circulación das extremidades e describiu a enfermidade que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1730 cando a Junta de Jurisprudencia Práctica comezou a reunirse en Madrid aínda que se recoñeceu oficialmente mediante a Real Cédula de 20 de febreiro de 1763 coa que naceu de Real Academia de Leyes de Estos Reynos y de Derecho Público, coa advocación de santa Bárbara. Fernando VII recoñeceuna oficialmente como Academia de la Purísima Concepción e en 1826 dividiuna nas corporacións de Carlos III e a de Nuestra Señora del Carmen, máis tarde chamada de Fernando VII. María Cristina das Dúas Sicilias dispuxo en 1836 que ambas as dúas se reuniran de novo baixo a antiga advocación de Nuestra Señora de la Concepción, cambiando o seu nome en 1838 polo de Academia Matritense de Jurisprudencia y Legislación, data en que comeza un dos períodos máis fecundos da academia ata a Revolución de 1868. En 1882 recuperou o apelativo de real. En 1946 reorganizouse, e incorporouse ao Instituto de España. Dedícase ao estudo teórico e práctico da lexislación e á xurisprudencia e fomento...
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Seguidor de Horacio, Xuvenal, Ariosto e Ronsard, publicou Macette (1609). Como creador da sátira realista, tirou do prelo as súas Satyres (1608), que foi corrixindo e aumentando.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión xurídica latina que indica a recollida de regras xurídicas ou aforismos que resumían as leis ou eran redactados por un xurista. Utilizábanse a miúdo como principios xerais do dereito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante que se emprega para realizar probas de redución de colorantes e determinar a calidade sanitaria do leite.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (14.209 h [2001]). A base agraria é o regadío, coa laranxeira como principal cultivo. A industria tivo un forte desenvolvemento, destacando a preparación de materias primas para a industria da construción, cemento, cerámica e metalurxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura explosiva de bencenos cloronitrados e de nitrato de amonio, que pode ser preparada mesturando os seus ingredientes no mesmo momento e lugar en que se quere empregar.
-
GALICIA
Político e xurista. Ingresou no corpo militar que abandonou para dedicarse á política. Militou no Partido Conservador, aínda que durante a Restauración e a Primeira República Española se presentou polo Partido Agrario, polo que foi deputado nas Cortes polo distrito de Lugo en catro lexislaturas (1918-1923) e posteriormente en dúas ocasións (1933-1936). Foi subsecretario e comisario xeral de Abastecementos (1919-1920), subsecretario da presidencia do Consello de Ministros (1921), director xeral de Correos e Telégrafos e ministro de Fomento (1922) e Economía Nacional (1930-1931). Dirixiu o Boletín de Xusticia Militar e publicou La comercialidad de los inmuebles (1901). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Comezou a súa carreira na compañía Marigaila, coa que estreou Ensaio festivo (1981), de G. Gambaro; e A noite das tríbadas (1983), de O. Enquist. Co Centro Dramático Galego protagonizou Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; e Caderno de Bitácora (1985), de F. Taxes. En 1985 fundou a compañía O Moucho Clerc. No ámbito cinematográfico foi protagonista de Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro; e participou en Continental (1989), de X. Villaverde.
VER O DETALLE DO TERMO