Ravel, Joseph Maurice
Compositor francés. Discípulo de G. Fauré, integrou a linguaxe musical de Mozart, Chopin, Borodin e Stravinskij, e incorporou elementos de música exótica en Schéhérazade (1903). Nas súas obras pianísticas evolucionou da complexidade de Jeux d’eaux (1901) á simplicidade de Sonatine (1905) e da suite Ma mère l’oye (1905). Escribiu dúas obras para escena, a ópera L’heure espagnole (1907) e a lírica fantástica L’enfant et les sortilèges (1925). En música de concerto amosou a súa vinculación ao neoclasicismo, en especial no Concerto en sol majeur (1931), para piano e orquestra. O seu talento de orquestrador púxose de manifesto na Rhapsodie espagnole (1907), no ballet Daphnis et Chloé (1909), nos célebres La Valse (1920) e Bolero (1927), e na transcrición orquestral dos Cadros dunha exposición, de Mussorgskij.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ciboure, Pireneos Atlánticos -
Deceso
Lugar : París