"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Político francés. Coñecido como Merlin de Thionville, foi deputado da Asemblea Lexislativa (1791) e da Convención e decretou a confiscación dos bens dos emigrantes monárquicos e a deportación dos clérigos refractarios. Contribuíu á caída de Robespierre e foi membro do Consello dos Cincocentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés, conde de Douai. Coñecido como Merlin de Douai, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e conseguiu a abolición do dereito de primoxenitura. Membro xacobino da Convención Nacional e do Comité de Salvación Pública, foi ministro de Xustiza (1795-1797) e formou parte do Directorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cigoto bacteriano parcialmente diploide, que é o resultado dun proceso de transferencia dunha parte da información xenética dunha célula doadora á información xenética presente nunha célula receptora.
-
-
Relativo ou pertencente aos meróstomos.
-
Artrópodo da clase dos meróstomos.
-
Clase de artrópodos quelicerados, que presentan respiración branquial co lombo dividido nun prosoma (ou cefalotórax, non equivalente ao dos crustáceos) e un opistosoma (ou abdome), este último dividido en mesosoma e metasoma. Son todos tropicais e inclúe formas mariñas e de auga doce. Coñécense formas prehistóricas desde o Cámbrico, pero existen poucos exemplares fósiles. A especie máis coñecida é Limulus polyphemus, e está considerado por algúns autores como un fósil vivente, debido á súa rareza e antigüidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División en segmentos dunha unidade biolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos corpúsculos mononucleados que se orixinan nos esporozoos despois da esquizogonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se presenta en forma de pos amarelos, cristalinos e solubles en auga. Descomponse pola acción da luz e, en solución moi diluída, emprégase como xermicida.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Reino Unido, situada 12 km ao S de Londres (164.000 h [1989]). É un centro residencial que constitúe un dos 32 distritos do Gran Londres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Doutor polo Massachusetts Institute of Technology de Cambridge (1970), escribiu Continuous-Time Finance (1990) e The Global Financial System: A Functional Perspective (1995). Recibiu, xunto con Myron S. Scholes, o Premio Nobel de Economía polas súas achegas no campo da avaliación dos instrumentos financeiros derivados (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo estadounidense. Desenvolveu a teoría funcionalista de acordo coa liña antiutópica da socioloxía estadounidense. Das súas obras destacan Sociological Ambivalence (1976), Sociological Traditions from Generation to Generation (1980) e Social Science Quotations (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Convertido ao catolicismo (1938), ingresou (1941) no mosteiro trapense de Gethsemani (Kentucky) e contribuíu a crear un clima de interese pola vida contemplativa e o orientalismo en EE UU. Escribiu o libro autobiográfico The Seven Storey Mountain (1948), Ascent to Truth (1951), Mystics and Zen Masters (1967) e a escolma póstuma Selected Poems (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. Residiu algún tempo en Italia, onde entrou en contacto con Tasso. Escribiu poesía épica ,como Las Navas de Tolosa (1594) e Restauración de España (1607), e relixiosa, como Valle de lágrimas y diversas rimas (1606). Traduciu a Virxilio e a traxedia Pompeya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Foi o descubridor da técnica do mesmerismo que se basea na suxestión, que el atribuía ao magmetismo animal. Acusado de impostor polas academias científicas, tivo que abandonar a profesión. Coa súa técnica, puxo de manifesto as posibilidades de curación psíquica e abriu o campo da medicina psicosomática actual.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
mesoderma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta propia de ambientes cun grao de humidade e temperatura medio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto formado por individuos de pequeno tamaño aínda que visibles sen necesidade de microscopios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pregadura do peritoneo que fixa ao recto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siderólito en que a fase silicatada se constitúe principalmente por feldespatos e piroxenos.
-
-
Porción media do tórax.
-
Segundo segmento do tórax dos insectos, en que se insiren a primeira parella de ás e a segunda parella de patas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dous elementos da familia radioactiva do torio. O mesotorio I é o isótopo 228 do radio, cunha vida media de 6,7 anos. Por medio de radiacións convértese en mesotorio II, isótopo 228 do actinio, con vida media de 6,13 horas. Empréganse en canceroloxía.