meróstomo -ma
meróstomo -ma
(< mero- + -stomo)
-
adx
Relativo ou pertencente aos meróstomos.
-
s
m
[ANIMAL]
Artrópodo da clase dos meróstomos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Clase de artrópodos quelicerados, que presentan respiración branquial co lombo dividido nun prosoma (ou cefalotórax, non equivalente ao dos crustáceos) e un opistosoma (ou abdome), este último dividido en mesosoma e metasoma. Son todos tropicais e inclúe formas mariñas e de auga doce. Coñécense formas prehistóricas desde o Cámbrico, pero existen poucos exemplares fósiles. A especie máis coñecida é Limulus polyphemus, e está considerado por algúns autores como un fósil vivente, debido á súa rareza e antigüidade.