"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anaco de tea vello e desfeito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amniotonía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1809 - València 1865) Relixiosa. Fundou a congregación de monxas adoratrices ou escravas do Santísimo Sacramento e da Caridade. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
micacita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
micet(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula de certos insectos que contén lévedos e bacterias (neste caso denomínase máis propiamente bacteriocitos) en simbiose. A súa microflora proporciona nutrientes que lle son indispensables. A súa distribución é irregular en certos tecidos, como o intestino, formando acumulacións denominadas micetomas.
-
-
Relativo ou pertencente aos micetofáxidos.
-
Insecto coleóptero da familia dos micetofáxidos.
-
Familia de insectos, da orde dos coleópteros, de pequeno tamaño, entre 1,5 e 5 mm, e de forma oval, que están cubertos de pelos finos e sedosos. As antenas posúen 11 segmentos e rematan en maza. Os élitros cobren todo o abdome. As larvas e os adultos aliméntanse de fungos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos micetofílidos.
-
Insecto díptero da familia dos micetofílidos.
-
Familia de insectos, da orde dos dípteros, de 2 a 13 mm de lonxitude con patas longas, que presentan 1 ou 2 esporóns no extremo de cada tibia, coxas grandes, patas frecuentemente moi espiñentas e cunha cabeza pequena. Os ocelos laterais están frecuentemente preto dos bordos internos dos ollos. As ás, a miúdo con manchas, teñen unha nervación bastante variable e algunhas veces reducida. As antenas son longas con moitos segmentos. Xeralmente son de corpo amarelo con manchas máis escuras no abdome, pero tamén poden ser completamente escuras, algunhas veces con porcións amarelas rechamantes. Os adultos posúen un período de voo crepuscular ou nocturno e atópanse onde se crían as larvas, máis abundantemente no bosque húmido. As larvas son claras, algunhas veces de pigmentación rechamante na parte superior e coa cabeza escura. Existen arredor de 2.200 especies de micetofílidos coñecidos no mundo, nuns 150 xéneros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
micólogo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
micoloxía.
-
-
Tumefacción inflamatoria supurativa, de evolución crónica, producida pola proliferación dun fungo parasito e caracterizado pola presenza duns grans negros, vermellos ou amarelos, formados por un filtro de filamentos micelianos, que se poden eliminar por traxectos fistulosos.
-
Órgano que posúen algúns insectos e que empregan para albergar certos microorganismos. Son os cegos intestinais ou os tubos de Malpighi, e poden formar estruturas asociadas á cavidade bucal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mixomiceto.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor. Coñecido como Michelozzo, foi discípulo de F. Brunelleschi. Traballou no convento de San Marco (1437-1452) e, protexido por Cosme de Medici o Vello, iniciou (1444) a construción do Palazzo Medici-Ricardi, ambos os dous en Florencia. Decorou as vilas de Careggi (1431) e Cafaggiolo (1451), preto de Florencia e en 1460 chegou a Milán, onde deu a coñecer o estilo florentino combinado con elementos decorativos lombardos, como na capela Portinari da igrexa de San Eustorgio (1460), en Milán. Como escultor foi discípulo e colaborador de L. Ghiberti e Donatello e realizou o Monumento Arangazzi na catedral de Montepulciano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento de medida de interferencias luminosas efectuado, cun interferómetro de Michelson, por A. Michelson e E. W. Morley. Foi famoso porque decidiu negativamente a cuestión de se a Terra se movía ou non respecto ao éter e, en consecuencia, porqué obrigou a rexeitar a existencia deste éter. O resultado negativo do experimento explícase pola relatividade especial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente que inhibe o crecemento dos fungos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia tóxica segregada polos fungos microscópicos e que contamina os alimentos mal conservados. As máis coñecidas son as aflatoxinas, producidas por Aspergillus flavus e outras especies semellantes. Outras micotoxinas son producidas por Penicillum islandicum (islanditoxina) e Claviceps purpurea (causante do ergotismo) sobre o centeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto electrónico disposto en forma dunha unidade compacta miniaturizada, en que os diferentes compoñentes se montan sobre unha pequena placa, xeralmente cerámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula vexetativa resistente, pequena e redonda, con paredes celulares moi grosas. Os microcistos poden asociarse e conformar os denominados corpos frutíferos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito de tamaño inferior ao normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito pequeno, esférico e facilmente hemolizable.