micetofílido -da

micetofílido -da

(< lat científico Mycetophila, xénero de insectos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos micetofílidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto díptero da familia dos micetofílidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos, da orde dos dípteros, de 2 a 13 mm de lonxitude con patas longas, que presentan 1 ou 2 esporóns no extremo de cada tibia, coxas grandes, patas frecuentemente moi espiñentas e cunha cabeza pequena. Os ocelos laterais están frecuentemente preto dos bordos internos dos ollos. As ás, a miúdo con manchas, teñen unha nervación bastante variable e algunhas veces reducida. As antenas son longas con moitos segmentos. Xeralmente son de corpo amarelo con manchas máis escuras no abdome, pero tamén poden ser completamente escuras, algunhas veces con porcións amarelas rechamantes. Os adultos posúen un período de voo crepuscular ou nocturno e atópanse onde se crían as larvas, máis abundantemente no bosque húmido. As larvas son claras, algunhas veces de pigmentación rechamante na parte superior e coa cabeza escura. Existen arredor de 2.200 especies de micetofílidos coñecidos no mundo, nuns 150 xéneros.

Palabras veciñas

miceto- | micetocito | micetofáxido -da | micetofílido -da | micetólogo -ga | micetoloxía | micetoma