"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rio Grande do Norte, Brasil, situada preto da vertente setentrional da costa atlántica (117.020 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carreira motociclista de velocidade disputada en terreo accidentado. Os obstáculos están formados por desniveis, ramplas e camiños enlamados, de xeito que só unha décima parte do percorrido sexa transitable. As motos empregadas polos pilotos posúen gardalamas moi separados das rodas e guiador alto, con rodas provistas de tacos de goma para facilitar a adherencia. As probas comprenden dúas series en cada sesión, e as categorías recoñecidas son as de 125 cm3 e 250 cm3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prato que se prepara con clara de ovo batida, nata montada ou xelatina, e diferentes ingredientes.
-
PERSOEIRO
Esquiador de fondo alemán. Naturalizado español, gañou a Copa do Mundo 1999-2000 e quedou segundo na de 2000-2001. Ademais, foi subcampión do mundo en persecución (2001) e campión do mundo en 50 km estilo libre (2001). Gañou tres medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno de Salt Lake City (2002), nas probas de 20 km persecución, 30 km estilo libre e 50 km estilo clásico. O COI retiroulle as medallas por dopaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Bueu pola industria conserveira Massó en 1928. Adquirido posteriormente pola Xunta de Galicia, foi reinaugurado en 2002. A orixe dos seus fondos son a colección de libros antigos, cartas mariñas, mapas, instrumentos naúticos e diversos obxectos relacionados co mar e coa industria conserveira creada pola familia desde comezos do s XX. Das embarcacións que mostra destaca o bote polbeiro de Bueu, practicamente desaparecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo monográfico dedicado á obra de Pablo Picasso, inaugurado en Barcelona en 1963. Aloxado no palacio Aguilar, foi ampliado coas anexións do palacio do Baró de Castellet (1970) e o palacio Meca (1986). Os seus fondos correspóndense coa doazón que Jaume Sabartés, amigo e secretario de Picasso, lle fixera á cidade. Constan de pinturas, debuxos, gravados e litografías orixinais, libros ilustrados, carteis, cerámicas, escultura e obxectos diversos. Destaca especialmente a serie Las Meninas. Ademais da colección permantente, organiza exposicións temporais arredor da figura de Picasso e dos seus contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no Palacio de Buenavista en Málaga, inaugurado en 2003. Acolle unha colección permanente composta por pinturas, esculturas, cerámicas, debuxos e gravados doados na súa maioría por Bernard e Christine Ruiz Picasso, que abranguen desde a etapa de formación ata os últimos anos do pintor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Madrid destinado a acoller a colección de arte da familia Thyssen-Bornemisza. A colección de case 800 pezas, foi inicialmente prestada por Hans Heinrich Thyssen-Bornemisza e a súa muller Carmen Cervera ao Estado, que a cambio cedeu o edificio que se converteu na súa sede: o palacio de Villahermosa, (Ben de Interese Cultural, 1993). Para a xestión e conservación da colección creouse a Fundación Thyssen-Bornemisza. O edificio foi remodelado por R. Moneo en 1993, cando a colección foi adquirida polo Estado. En 2004, tras unha nova cesión temporal de 220 obras da colección privada de Carmen Cervera, o edificio tivo que ampliarse. Concibida esta reforma como unha prolongación natural do museo, acomodouse á planta regular de R. Moneo e desenvolveuse na superficie ocupada por dous edificios anexos. O novo espazo conta con dezaseis salas de exposición, dúas de exposición temporais e varias de restauración. A nova colección foi unha continuación da anterior, facendo da paisaxe o...
-
PERSOEIRO
Filólogo. Catedrático de filoloxía románica na Universidade de Viena, publicou traballos sobre historia medieval e sobre diversos aspectos da evolución das linguas románicas, especialmente do italiano e do catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lei de Tobler-Mussafia.
-
PERSOEIRO
Humanista italiano. Destacou como poeta e historiógrafo na súa cidade, ata que tivo que fuxir polas súas controvertidas ideas políticas. Escribiu, entre outras obras, De Gestis Henrici VII Caesaris e De gestis italicorum post Henricum VII Caesarem, e algunhas obras poéticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico holandés. Foi profesor na Universiteit Leiden. Realizou experimentos coa electricidade que o levaron a descubrir o primeiro e máis simple condensador eléctrico, a ampola de Leiden, ideada ao mesmo tempo polo alemán E. J. von Kleist (1745). Inventou tamén un pirómetro (1740).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Comezou a escribir poesía aos catorce anos. En 1828 foi introducido no círculo literario de V. Hugo, e a influencia romántica apréciase xa nos Contes d’Espagne e d’Italie (1830). En 1832 debutou no teatro con Un spectacle dans un fauteil. O seu idilio con George Sand inspiroulle La confession d’un enfant du siècle (1836), Les nuits (1837) e a Lettre a Lamartine e Souvenir (1841). Entre 1835 e 1840 publicou pezas dramáticas como Lorenzaccio (1834), algunha novela curta como Margot (1838) e unha obra de crítica, Lettres de Dupuis et Cotonet (1837). Foi membro da Académie Française (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Fillo dun ferreiro e dunha mestra, fixo estudos de maxisterio. Iniciouse na actividade política dentro do Partito Socialista Italiano, pero foi expulsado ao declararse a favor da intervención de Italia na Primeira Guerra Mundial. Para difundir o seu ultranacionalismo creou o diario Il popolo d’Italia, mentres promovía a formación dos fasci di combattimento ou grupos de axitación, que constituíron o embrión do Partito Nazionale Fascista (1921). Tras a marcha sobre Roma do 28 de outubro de 1922, coa complicidade do exército, do goberno e do Rei Vítor Manuel III de Italia, foi nomeado xefe de goberno. Durante os tres anos seguintes, asumindo todos os poderes, dunha maneira gradual, implantou unha ditadura. Resolveu o antigo preito co papado mediante os Pactos de Letrán, realizou custosas obras de infraestrutura e seguiu unha política exterior agresiva, que nalgúns momentos renovou soños de expansionismo. O 10 de xuño de 1940 declarou a guerra aos aliados,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e polígrafo. En 1761 foi a Santa Fe como médico do vicerrei. Dirixiu a famosa Expedición Botánica, base da monumental Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
muwaxaha.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica, filla do actor Klaus Kinski. Coñecida como Nastassja Kinski, das súas películas destacan Falsche Bewegung (Movemento en falso, 1974), Tess (1979), One from the Heart (1982), Paris, Texas (1984), L’alba (1990), Terminal Velocity (1994), Town & Country (2001), Paradise Found (2003) e A Ton Image (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas bulbosas, da familia das amarilidáceas, de follas radicais cintiformes ou lineais, flores con periantio formado por seis pezas, de cor branca ou amarela, solitarias ou en pequenos ramalletes e de froitos capsulares. Comprenden unha trintena de especies, propias de rexións temperás paleárticas, moitas delas cultivadas en xardinaría. Algunhas das máis representativas, presentes en Galicia, son N. Pseudonarcissus (narciso de montaña), que medra en prados de montaña en toda Galicia; N. pseudonarcissus (narciso trompón), que medra en zonas frescas (beiras de ríos e sotobosques), e N. cyclamineus, especie endémica de Galicia e N de Portugal que florece á beira dos ríos e regatos entre febreiro e abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisariado do Pobo para os Asuntos Internos, en que se integrou o GPU (1934). Foi dirixido por Genrikh Grigor’evič Jagoda, Nikolaj Ivanovič Ježov e finalmente por Lavrentij Pavlovič Berija. Foi o organismo a través do que se promoveron os procesos de Moscova. En 1943 o NKVD foi dividido e a seguridade do estado foi confiada ao KGB.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos detritívoros, da clase dos gasterópodos, que presentan unha cuncha pequena, alongada e de cor escura.