"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Extremo dun cigarro que xa non se fuma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recolección da pataca.

    2. Período de recolleita da pataca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de estibadores nun porto. Ex: A colla que descarga os barcos conxeladores realizou un paro de dúas horas.

    2. Grupo de persoas que realizan xuntas algún labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico italiano. Logo de estudar en París con Laurens e Brancusi, en 1926 instalouse en Roma. En 1944 abandonou a escultura ata 1950, ano no que fundou o grupo Origine. Na súa nova andaina artística realizou colaxes, pinturas e esculturas nas que empregaba anacos de máquinas ou ferros oxidados. Nas súas últimas obras utilizou materiais industriais de grandes dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado na serra de Guadarrama, no val do río Guadarrama (3.681 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura (hortalizas) e a cría de gando lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, na serra de Guadarrama, drenado polo río Guadarrama (36.950 h [1996]). A gandería ovina e avícola son as principais actividades económicas. Destacan as boas comunicacións ferroviarias e por estrada (autoestrada A-6), que o converten nun importante centro comercial e residencial da periferia da capital. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a igrexa barroca de Enebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico. Profesor de mecánica na Escola de Artes de París e na Universidade de Xenebra. No ano 1828, mediu, xunto con Sturm, a velocidade do son na auga (1.435 m/s) e a compresibilidade dos fluídos. Demostrou as vantaxes do aire comprimido na transmisión de forza das bombas de compresión que aplicou na construción de túneles como o de Sant Gotard e o de Mont-Lein. Traballou sobre a electricidade atmosférica e sobre a propulsión das rodas de pas nos barcos de vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Vicenzo Carduci, centrouse nos temas bíblicos ambientados en fondos paisaxísticos de influencia flamenga. Realizou obras de pequeno formato. Entre os seus lenzos destacan: A visión de Ezequiel (1630), Vista dunha cidade (1634) e San Onofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase da edición crítica (incluída na recensio) que consiste en determinar a filiación das distintas versións que se conservan dun texto orixinal (manuscrito ou impreso) antigo, clásico ou medieval. A collatio realízase mediante a comparación sistemática das distintas lecturas transmitidas polos códices que conteñen un mesmo texto. A finalidade deste proceso é determinar as variantes existentes entre as distintas versións, descubrir posibles contaminacións, proceder á eliminación dos testemuños que son copias directas ou indirectas doutros conservados (eliminatio codicum descriptorum) e, nun proceso posterior, determinar cál é o manuscrito base sobre o que se vai realizar a edición (codex optimus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e pintora, filla de María Antonia Dans Boado. Coñecida como Rosalía Dans, estudiou arte dramática. No eido da pintura realizou exposicións na Coruña e Madrid, e participou en mostras colectivas como a I Mostra Unión Fenosa (1989). Participou na serie Los gozos y las sombras (1981), de R. Moreno Alba; interveu tamén en varias curtametraxes e nos filmes La gran comedia (1986), de Juan Pinzás, e Gallego (1987), de M. Octavio Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu a súa actividade profesional como correspondente do xornal Pueblo en Londres e como delegado da axencia EFE en Londres, Moscova e Nova York. Investigou a obra de diversos escritores galegos, entre eles, Lamas Carvajal e Curros Enríquez. Publicou o artigo “El Argot en la novela”, na revista Ínsula, e os ensaios A Virxe do Cristal e A Bretaña de Renán. Recibiu o premio dos Xogos Florais da Mariña pola súa poesía Cantigas do mar do Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre galego. Emigrado a Uruguay, foi director dunha escola en Montevideo. Ademais dedicouse ao ensino de xordos e, no 1884, propuxo a creación de colexios específicos para a súa educación. No 1891 resolveuse a creación dunha clase especial para xordos no colexio que dirixía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. En 1717 traballou no mosteiro franciscano de Santo Antonio de Herbón onde pintou o altar maior e os catro colaterais, á parte doutras obras menores. En 1742 documéntase de novo a súa presenza en Padrón, onde realizou o retablo maior de Seira (Sorribas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor colombiano. Estudiou en Bogotá e residiu en La Habana, París e Barcelona. Da súa produción destacan os relatos El verano también moja las espaldas (1966) e Biografía del desarraigo (1974); as novelas Crónica de tiempo muerto (1975), Todo o nada (1980) e Tal como el fuego fatuo (1986); e o ensaio Textos al margen (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e avogado. É autor de La vie des poètes françaises (A vida dos poetas franceses) e de Art Poétique (Arte Poética, 1658), así como de diversas obras teatrais. Foi membro da Académie Française desde a súa fundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Agder 1813 - Cristianía, actual Oslo, 1895) Escritora norueguesa. Cultivou a novela realista de problemática social e, sobre todo, de reivindicación feminista. Publicou Amtmandens Dottre (As fillas do gobernador, 1855) e I de lange Naetter (Nas longas noites, 1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha cilíndrica e translúcida, de ata 2 mm de lonxitude, coas espirais moi marcadas e de cor acastañada. Nas fragas galegas vive a especie C. edentula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo e pedagogo. Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol. Colaborou en diversos xornais como La Semana e El Heraldo Gallego, e dirixiu El Correo Gallego. Como dramaturgo, publicou Pilara ou grandezas dos humildes (1920), drama en prosa estreado no teatro Jofre de Ferrol (23.8.1919) por un grupo ferrolán dirixido por Xaime Quintanilla e representado, entre outros, polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña (1920) e o coro Toxos e Froles (1930). Trátase dunha peza de ambiente mariñeiro caracterizada polo seu didactismo e intención anticaciquil. Tamén é autor de Redención por amor, estreada en 1920. Ademais, publicou Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol (1912) e Catecismo social (1920). O seu poema “A María Pita” recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorado en Historia pola de Madrid (1953), foi profesor da universidade compostelá (1954-1956) e da de Navarra (1957-1963), antes de gañar a cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da Universidade de Sevilla (1964). Entre os seus traballos sobresaen: Los primeros pronunciamientos en España (1958), La teoría del régimen liberal español (1962), Las Cortes de Cádiz y la Constitución de 1912 (1963), Cánovas (1965), Historia de la España moderna y contemporánea (1968-1969), Los moderados en el poder (1970) ou La baja edad contemporánea (1970). Obtivo, ademais, o premio Menéndez Pelayo (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO