"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Cáceres, Extremadura, na bisbarra da Vera (2.584 h [1996]). Dedícase ao gando lanar. Ten numerosos muíños e canteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de La Rioja, drenado polo Ebro (2.523 h [1996]). Ten cultivos de cereal e viño. Arquitectonicamente, unha igrexa do s XVl.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela da constelación de Tauro, a décimo cuarta máis brillante da bóveda celeste, cunha magnitude visual aparente de 0,8, a unha distancia da órbita da Terra de 68 anos-luz. É unha xigante vermella e pertence á clase espectral K5.
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano e profesor, especialista en Filosofía. Despois da súa estadía en América (1933-1935) foi elixido, entre outros cargos, vicerrector do Colexio de Santiago (1936-1938), ministro provincial (1941-1943), Bispo Titular de Fussala e coadxutor en Marrocos (1947), vicario apostólico de Tánxer (1949) e logo Arcebispo desta cidade, na que publicou no 1961 Misión Franciscano-Española de Marruecos: Cien años de acción (1860-1959) e varios artigos sobre temas filosóficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e diplomouse na École de Hautes Études en Sciences Sociales de París. Investigou sobre temas relacionados con Galicia. En 1979 editouse un volume da súa autoría titulado Os labregos na prensa galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Impresor establecido en Santiago de Compostela a principios do s XVIII. No período de traballo da súa imprenta (1705-1726) saíron case todas as obras publicadas en Galicia, entre elas: Sinodales del obispado de Mondoñedo e Grano de teología moral de Barbeito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración constitucional da granulación de leucocitos plurinucleares neutrófilos e eosinófilos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na Inglaterra dos ss X e Xl, funcionario encargado do mando militar e da xurisdición de cada distrito do Reino. Foi un título honorífico aplicado aos xefes das corporacións gremiais, aos maxistrados de barrio e aos colaboradores do Presidente da Corporación Municipal. No Reino Unido e nos EE UU concédenlle este título aos concelleiros municipais e provinciais.
-
PERSOEIRO
Político italiano. Catedrático de Dereito Político. Presidiu o Congreso da República Cispadana (1797). Influíu na unión da República Cispadana coa Cisalpina (1797). Foi Secretario de Estado durante o decenio de dominio napoleónico (1805-1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico italiano. Sobriño de Galvani, contribuíu a difundir e popularizar a obra do seu tío. Estudiou as aplicacións médicas da electricidade e escribiu diversas obras sobre o galvanismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pintura romana ao fresco que representa un aspecto da cerimonia dunhas vodas e figuras mitolóxicas simbólicas. Descuberta en Roma no 1605, é un exemplar típico da pintura romana de influencia helenística.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre orixinaria da Toscana. No s Xll establécese en Florencia e lígase ao Partido Güelfo. A partir do s XVl instalouse en Roma. A ela pertence o Papa Clemente VIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa ou orixina aldraxe.
-
GALICIA
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola da Coruña. Comeza publicando en diferentes revistas (Ólisbos, Nós, Cadernos do Povo) e participando en recitais. Publicou A palabra no ar (1990), Memória de nove luas (1994), Grimório Azul de Samaná (2011) e O segredo de Sheela na Gig (2017).
VER O DETALLE DO TERMO
Colaborou nos cadernos de poesía Ao mar de adentro e 8 e médio. A súa poesía foi incluída en antoloxías como A mátria da palabra e Antologia de poesia lusófona. No 1994 estrea a obra teatral Eva Perón da que é coautora xunto con Ângelo Brea e Roberto Cordovani. Como ensaísta ten publicado traballos sobre lingua e literatura en diferentes revistas... -
GALICIA
Mestre e estudoso de temas lingüísticos e filolóxicos na Arxentina. No 1896 propúxolle ao goberno deste país a elaboracion dun texto oficial que solucionase o conflito da docencia e que servira de base para a aprendizaxe de cada materia. A súa idea foi aprobada dous anos máis tarde mediante a convocatoria dun concurso co fin de escoller eses textos básicos de ensino. Formou parte da Xunta Protectora da Academia Galega, fundada no 1906, e defendeu a creación dun idioma universal. Escribiu diversas obras e artigos relacionados con cuestións lingüísticas como: Ortografía, Fonética. Justificación de la usual española (1896) ou Correspondencia sobre cuestiones gramaticales (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, naturalista e humanista italiano. Catedrático de Botánica na Universidade de Boloña (1560) e fundador dun xardín botánico (1568); escribiu numerosas obras de historia natural. A súa farmacopea Aantidotarii Bononiensis epitome acadou moita sona e foi, xunto coa de Gesner, o modelo doutras obras semellantes ata Buffon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político romanés. Contribuíu á afirmación da cultura romanesa. Foi director do Teatro Nacional de Iaşi (1840-1842) e da revista Romani Literara (1855). Consagrado como escritor, ocupou cargos políticos diversos (Ministro de Asuntos Exteriores, 1859; embaixador en París, 1855). Recolleu a tradición das cancións populares e como poeta equilibrou o seu romanticismo cun certo clasicismo na escolma Pasteluri (Pasteis, 1875). Escribiu un bo número de obras teatrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que alega.
-
ILLAS
Illa de orixe volcánica da provincia de Las Palmas, a máis setentrional do arquipélago das Canarias (12 km2), situada ao norte de Lanzarote.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Francisco Lisboa.