Aldrey Salvado, Caietano A.

Aldrey Salvado, Caietano A.

Mestre e estudoso de temas lingüísticos e filolóxicos na Arxentina. No 1896 propúxolle ao goberno deste país a elaboracion dun texto oficial que solucionase o conflito da docencia e que servira de base para a aprendizaxe de cada materia. A súa idea foi aprobada dous anos máis tarde mediante a convocatoria dun concurso co fin de escoller eses textos básicos de ensino. Formou parte da Xunta Protectora da Academia Galega, fundada no 1906, e defendeu a creación dun idioma universal. Escribiu diversas obras e artigos relacionados con cuestións lingüísticas como: Ortografía, Fonética. Justificación de la usual española (1896) ou Correspondencia sobre cuestiones gramaticales (1900).

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña