"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Actor. Influído por Richard Burton, debutou en Broadway con Equus (1975). Da súa filmografía destacan The silence of the lambs (1991, Oscar ao mellor actor), Bram Stoker’s Drácula (1992), Amistad (1997), The Mask of Zorro (1998), Hannibal (2001), Red Dragon (2002) e The Human Stain (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude hostil.

      1. Accións hostís.

      2. Enfrontamento entre dous adversarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizar actos hostís contra algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao idilio.

    2. Que é sereno, perfecto ou ideal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xénero poético, preferentemente de carácter narrativo e lírico, que describe a vida rústica desde unha perspectiva de felicidade ideal.

    2. Relación amorosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Formado no seminario de Mondoñedo, licenciouse en Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e conseguiu en 1949 a cátedra de Latín de ensino medio. Posteriormente, desempeñaría esa mesma cátedra en Pontevedra e Santiago de Compostela. Investigador e crítico, realizou numerosas traducións de clásicos grecolatinos, como o Carmen saeculare de Horacio, e colaborou en diversas publicacións periódicas. Un dos seus proxectos non rematados foi a realización dun gran dicionario da lingua galega, o que o levou á recollida de miles de voces para o Instituto Padre Sarmiento. Influenciado por Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Antero Quental e, sobre todo, polo saudosismo de Teixeira de Pascoaes, a súa obra poética está condicionada por unha perspectiva paisaxista de inspiración clásica, que a posteriori se coñecería como neovirxilianismo. Autor de difícil adscrición, a cabalo entre a Xeración do 25 e a do 36, pode situarse a carón doutros grandes creadores da literatura galega como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde se especializou en restauración, e estudiou a técnica do gravado con M. Castro Gil. Realizou, entre outras obras, retratos realistas. Profesor nas escolas de Artes e Oficios da Coruña e Madrid, foi conservador-restaurador do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, presidente da Asociación de Artistas da Coruña (1945-1947) e pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como avogado e liderou o Partido Republicano Federal en Pontevedra. Redactor de La Unión Republicana de Pontevedra, foi nomeado correspondente do xornal El País e en 1903 dirixiu o diario republicano vigués La Justicia. Despois de coñecer a A. Lerroux en 1904, seguiuno a Barcelona, onde se instalou en 1906 e onde destacou polas campañas contra Solidaritat Catalana que fixo desde El Progreso, que el mesmo dirixía. Cando A. Lerroux marchou de España, quedou como cabeza do lerrouxismo liderando o Partido Republicano Radical. Elixido concelleiro en Barcelona (1909), foi encarcerado tralos acontecementos da Semana Tráxica (1909) e despois defendeu a algúns dos implicados máis destacados. Deputado a Cortes (1910), intentou fusionar o Partido Radical e a Unió Federal Nacionalista Republicana para constituír unha alternativa aos rexionalistas cataláns (1914). Estivo detido trala...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de China e de Kazakhstán, inmisario do lago Balkhaš (1.384 Km).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao íleo.

    2. Relativo ou pertencente ao ílio.

    3. Aplícase ás estruturas  anatómicas situadas na pelve.

    4. cadril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Ilión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico atribuído a Homero. Consta de máis de quince mil hexámetros, divididos en 24 cantos, e ten por tema a ira (μ ῆ νις) e posterior vinganza do heroe grego Aquiles. Baseado nun feito histórico comprobado polos arqueólogos (Schliemann, Dörpfeld), que supostamente aconteceu moitos séculos antes da época en que foi escrito, a historia narrada desenvólvese nunha atmosfera heroica de fantasía. Outra das súas características é a descrición de cousas inanimadas como o mar, que se converte nun protagonista indiscutible e é nomeado constantemente en toda a súa beleza e detallando cada un dos seus estados: bravo, calmado, purpúreo e esplendoroso, en consonancia co estado anímico do lector. Cronoloxicamente sitúase no último ano da Guerra de Troia, que constitúe o fondo da trama. Aquiles, insultado e desposuído dunha cativa polo seu comandante en xefe, Agamemnon, cabeza do exército grego que bloqueou a cidade de Troia para rescatar a Helena, retirouse da batalla,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aquifoliáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio amargo que se presenta nas follas do acivro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ilici, actual Elx, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ilici, actual Elx.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non está permitido nin legal nin moralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ilícito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romanés. Foi expulsado do Comité Central do Partido Comunista en 1979 polas súas diverxencias con N. Ceauşescu e á morte deste (1989) asumiu a presidencia. Trala vitoria nas eleccións de 1990, que revalidou en 1992, como líder da Fronte Nacional de Salvación foi de novo elixido presidente da República nas eleccións de 2000, ás que se presentou liderando o Partídul Social Democrat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto situado na illa de Mindanao, Filipinas (285.061 [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO