"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
GALICIA
Actor teatral. Despois de actuar en diversas compañías de Andalucía e Madrid, recibiu unha bolsa do goberno alemán para formarse na RFA. En Ourense colaborou co grupo teatral Valle Inclán. Cofundador do grupo teatral Rúa Viva, participou nos espectáculos Os baralláns (1980), O cantar dos cantares (1983) e O saco das noces (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Faro de Vigo, Man común ou El Progreso, publicou diversos traballos de antropoloxía en Grial e Gallaecia. A súa obra poética editouse nas revistas Nordés e Coordenadas, e nos libros Luceiros fuxidíos (1994), A sombra do inimigo (1998) e Contra o tempo (2003), ademais de no volume colectivo Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), das Redes Escarlata.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi un dos promotores da lingua galega na liturxia católica. Foi director xeral de Cultura, membro da Comisión de Lingüística e Toponimia da Xunta de Galicia, e colaborador en diversos medios de comunicación, como a revista Ínsula, ou os xornais La Noche e La Voz de Galicia. Traduciu O Cantar dos Cantares (1964), O Mito da Espenuca (1965), de Platón, A apocalipse (1966) e Misal galego (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (2005). Impulsor do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión e da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra, participou na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, para os que dirixiu diversos espectáculos entre 1988 e 1992, e Teatro de Ningures, para o que dirixiu dúas obras en 1985 e 1986. Teatrólogo e profesor de pedagoxía teatral, expresión dramática e expresión teatral, colaborou en diversas publicacións periódicas con artigos de crítica teatral. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal e do Anuario Galego de Estudios Teatrais. Membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador de nome artístico Xan Vieito, realizou a súa primeira exposición individual no mosteiro de Poio (1998). Dende entón ten participado en numerosas exposicións individuales e colectivas galegas e portuguesas, destacando a súa participación como artista estranxeiro invitado en Goisarte, Gois, Portugal (2001 e 2005). As súas viaxes fora da península ibérica o levan a expoñer en Québec, Canadá (2001) e Bolsano, Italia (2007). Socio fundador de GALUART (Asociación Galaico Lusa de Artistas Plásticos e Visuais), tamén é membro da Asociación española de médicos escritores e artistas. Entre os seus premios destaca a medalla do 5ème Salon International de Nantes, Francia (2005). Na súa obra explora o mundo onírico e da infancia, utilizando gradacións de cores cálidas e figuras humanas entre a figuración e a abstracción. Da súa obra destacan Almas sin rumbo (2009) e Universo 1 (2009).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Impresor. Instalou os seus obradoiros tipográficos en Santiago de Compostela entre 1804 e 1812. Tirou do prelo Oración fúnebre (1804) e, durante a Guerra da Independencia, numerosos folletíns, follas soltas e xornais. Entre 1809 e 1820 traballou na Coruña, onde imprimiu o Diario de La Coruña. Tras a voda da súa filla co impresor Verea trasladou os seus obradoiros a Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Doutorado en Filoloxía Románica pola Universidad Central de Madrid. Na súa obra obsérvase o paso da literatura socialrealista cara a unha preocupación máis esteticista, propia da década de 1980. Autor de diversos estudos sobre a obra de Luis Cernuda, Rafael Alberti e Xavier Rodríguez Baixeras, publicou os poemarios Mejor el fuego (1972), con certos trazos culturalistas; El cazador de días (1977), de carácer superrealista e con elementos clasicistas; E direi-vos eu do mister das cobras (1980), onde abundan os símbolos e a súa preocupación pola linguaxe poética; e A lenda das árbores de prata (1985), centrada no ciclo artúrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Director da fotogalería Cuartoscuro de Ferrol e presidente da Sociedad Fotográfica da Coruña, participou na edición de numerosos libros e revistas, como Bestias involuntarias (1992), Ferrol, mar adentro (1993), A fotografía na arte contemporánea (1995), Emboscadura (1998) e Doce tumbas (2000). Expuxo en diversas cidades de Europa e EE UU. Participou na I e VII Fotobienal de Vigo (1984 e 1996), e nas tituladas “Manuel Vilariño, Fío e sombra” (2002), para o CGAC, e “Señal en el aire” (2004) para o Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Participou na Revolución de 1854 e loitou contra os carlistas. Foi separado do exército polas súas ideas republicanas (1877), posteriormente readmitido, despois pasou á reserva (1883). De acordo con Ruiz Zorrilla, sublevouse en Madrid en favor da república (1886), pero, fracasada a insurrección e abandonado polos seus soldados, foi feito prisioneiro e condenado a morte. Indultado, deportárono a Fernando Poo e despois a Melilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, empresario e político. En Ourense foi membro da Confederación de Empresarios e tenente de alcalde. Foi deputado no Parlamento galego por Alianza Popular (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Turismo, Xuventude e Deportes (1981-1985) e de Presidencia (1985-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Lugo 27.1.1959) Escritor. Foi xerente da Universidade de Santiago de Compostela (1988-1990) e concelleiro en Santiago (1991-1999). Ademais de colaborar en diversas rodaxes do equipo Imaxe, escribiu Adeus, India, adeus (2000) e Cuarteto con piano (2003).
-
PERSOEIRO
Relixioso bieito. Foi abade do mosteiro de San Salvador de Lourenzá (1709-1713 e 1721-1725) e bispo de Puerto Rico. Escribiu Scena sacra de varias oraciones panegyricas (1702) e Tautologias (1703-1729).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e ensaísta cinematográfico. Fundador do Grupo de Escritores Cinematográficos Independientes (GECI), exiliouse en 1939 e residiu en Bos Aires, onde fundou e dirixiu o Centro de Estudios Cinematográficos (1950). Regresou a Madrid en 1953. Publicou Espectador de sombras. Crítica de films (1935), Arte de masas. Ruta de los temas fílmicos (1935), El cine: Magia y aventura del séptimo arte (1940), Cine de medio siglo. Crónica y crítica (1946), El cine en la sociedad de masas (1966) e Los grandes hombres del cine (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Destacado precursor do neoclasicismo en España, foi autor das Eróticas o amatorias (1617-1618), composicións de métrica diversa, das que destacan as cantilenas e as anacreónticas, e versións de Horacio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico. Reconstruíu edificios medievais, como a Madeleine de Vézelay (1841?), as catedrais de Amiens e de París, ambas as dúas en 1849, a cidadela de Carcassonne (1853), o castelo de Pierrefonds (1858), a abadía de Saint-Denis e a Sainte Chapelle de País e a catedral de Lausanne (1873). Propugnou a utilización do ferro na construción. Escribiu Entretiens sur l’architecture (1852-1872) e Ditionnaire raisonné de l’architecture française du XI au XVI siècle (10 vol, 1854-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1802-1821), fillo de Vítor Amadeo II, portou o título de duque de Aosta. Accedeu ao trono tras a abdicación do seu irmán Carlos Manuel IV. Opúxose a Napoleón e retirouse a Cagliari. En 1815 recuperou os estados peninsulares. O seu intento de restaurar o absolutismo provocou un motín dos carbonarios e abdicou en favor do seu irmán Carlos Félix I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei de Sardeña (1849-1861) e primeiro rei de Italia (1861-1878), duque de Savoia, fillo e sucesor de Carlos Alberte I de Sardeña. Secundou a política de Cavour como a finalización do acordo de Plombières (1858), a anexión de Italia central (1859) ou a expedición de Garibaldi na conquista de Sicilia e Nápoles (1860). Proclamado rei de Italia, anexionou Venecia (1866) e ocupou Roma (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Vítor Manuel II de Italia.
-
PERSOEIRO
Rei de Italia (1900-1946) e de Albania (1939-1943) e emperador de Etiopia (1935-1941), fillo e sucesor de Humberto I. Acabou, con éxito, a guerra en Libia (1911-1912) e interveu na Primeira Guerra Mundial, pero a partir de 1922 tolerou que o fascismo se asentase en Italia. Baixo a influencia de Mussolini, consentiu a guerra de Etiopia (1935), a axuda ás tropas franquistas na Guerra Civil en España (1936-1939), a anexión de Albania (1939) e a entrada de Italia na Segunda Guerra Mundial ao lado de Alemaña. En 1943 autorizou o golpe de estado que derrocou a Mussolini e pediu o armisticio aos aliados. En 1944 nomeou lugartenente do reino o seu fillo Humberto II, en quen abdicou en 1946. Exiliouse a Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. En 1843 foi proclamado supremo director da República de Perú. Vencido ao ano seguinte, en 1856 encabezou unha revolta conservadora, pero foi derrotado en El Callao (1857). Foi ministro de Guerra (1865).
VER O DETALLE DO TERMO