Vieites García, Manuel F.

Vieites García, Manuel F.

Actor e director teatral. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (2005). Impulsor do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión e da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra, participou na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, para os que dirixiu diversos espectáculos entre 1988 e 1992, e Teatro de Ningures, para o que dirixiu dúas obras en 1985 e 1986. Teatrólogo e profesor de pedagoxía teatral, expresión dramática e expresión teatral, colaborou en diversas publicacións periódicas con artigos de crítica teatral. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal e do Anuario Galego de Estudios Teatrais. Membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura Infantil y Juvenil e membro de Nova Escola Galega e da comisión técnica de Teatro do Consello da Cultura Galega, desde 1996 forma parte, como teatrólogo, da Asociación de Directores de Escena de España. Publicou Práctica teatral na escola (1992), en colaboración con X. Couto e A. Lamapereira, Facer teatro (1992), A configuración do sistema teatral galego (1882-1936) (2003), Os estudos superiores de arte dramática (2004) e, con J. A. Caride e F. Trillo, Arte dramática e función docente (2004).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña