"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Calidade de polivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que serve para moitos cousas ou usos.

      2. Aplícase ao sistema lóxico que, a diferenza da lóxica tradicional e da maioría das lóxicas contemporáneas, acepta máis de dous valores de verdade. A lóxica polivalente, baseada en sistemas finita ou infinitamente polivalentes é propia do s XX, e tipicamente exemplificable coa aceptación de que unha proporción pode ser “non verdadeira e ao mesmo tempo non falsa”. Entre os lóxicos polivalentes destacan Emil Post e Alfred Tarski.

    1. Que actúa cunha valencia de dous ou superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • acetal polivinílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • poli(cloruro de vinilideno).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia en forma de pos amorfos, de cor branca amarelada, facilmente soluble en auga, onde dá unha solución coloidal. Adminístrase, mesturada con solución fisiolóxica, por goteo endovenoso e emprégase como expansor do plasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de xenes que actúan sobre un mesmo carácter cuantitativo e nun mesmo sentido. Cada un deles pode influír sobre este carácter, e a actuación conxunta dun número máis ou menos grande deles ocasiona expresións fenotípicas máis ou menos intensas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pluralidade de orixes.

    2. Intervención de diversos factores na formación dun carácter.

    3. Fenómeno polo que dous feitos lingüísticos coinciden en dúas áreas separadas sen que haxa entre eles unha relación xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á polixénese.

    2. Aplícase á aquilo que, segundo o polixenismo, non arrinca dunha orixe única, senón que ten diversas orixes xenéticas.

    3. Aplícase ao colorante que tingue de diferentes cores segundo o mordente do que se faga uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos polixenes.

      1. Aplícase ao enclave formado pola acción do magma ou das súas emanacións volátiles sobre outro tipo de enclave.

      2. Aplícase á rocha clástica, conglomerado, integrada por elementos de tipo e procedencia diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que admite unha diversidade de individuos, independentes entre eles, como as orixes da especie humana. Contraposto ao monoxenismo, está intrinsecamente vinculado ás teorías evolucionistas. É compatible coa unidade do xénero humano, mentres sexa entendida como un polixenismo monofilético (a hominización a raíz de diversos individuos dunha soa especie animal).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao polixenismo.

    2. Seguidor do polixenismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade da flor que ten moitos pistilos.

    2. Sistema matrimonial poligámico polo que un home pode unirse legalmente a máis dunha muller. Nas sociedades que manteñen esta práctica (xeralmente musulmás) só a poden seguir aqueles homes de boa posición social que poidan manter máis dunha muller. Tamén se dá en pobos de agricultura primitiva e gandeiros, porque son necesarias moitas mulleres para cultivar a terra e moitos fillos para coidar do gando. A maioría das lexislacións modernas, por influencia da lexislación romana e da moral cristiá, condenárona.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Documento en que se formalizan, por imposición legal ou por costume, determinados contratos mercantís, sobre todo o de seguros. Xeralmente, admítese a póliza como documento de eficacia probatoria, aínda que non serve como validez do negocio.

      2. póliza de almirantado

        Documento que acredita, de acordo coas Ordenanzas da Armada, a elección do capitán que, co nome de almirante, tomaba o mando da expedición no caso de navegar en conserva ou no caso de ter que se coligar con vistas á defensa mutua. No primeiro caso era librada polo armador da rota; no segundo, era asinada por todos os capitáns en favor do elixido e por este en favor dos outros buques.

      3. póliza de transporte/de frete

        Documento en que se outorga un contrato de frete.

    1. libranza.

    2. Selo do estado con que se facía efectivo o importe do timbre en determinados documentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e poeta. De nome Agnolo Ambrogini, foi protexido por Lorenzo o Magnífico, en Florencia, e polo cardeal Gonzaga, en Mantua, onde escribiu a Favola di Orfeo (1480). Coidou a Biblioteca dos Medici e participou en misións diplomáticas do Papa Inocencio VIII. Ademais do seu interese pola filoloxía, a filosofía e a poesía en latín, grego e italiano, é autor de diversas elexías, odas e epigramas. Da súa obra destacan as Stanze per la giostra di Giuliano de Medici, escritas entre 1475 e 1478, e as Miscellaneorum centuria prima (1489).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armazón feita de tea ríxida ou moi amidonada, que adoitaba ir gornecida por variñas ou aros de ferro e servía para soster máis ou menos abombadas as saias exteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión pechada de orixe cárstica, posiblemente formada por coalescencia de dolinas ou por afundimentos tectónicos, que adoita estar limitada por beiras calcarias moi abruptas. O seu fondo está constituído por terra de descalcificación moi fértil. Normalmente está drenada por un río que desaparece nunha cavidade ou ponor, pero se a evacuación hídrica se fai con dificultade, o fondo pode converterse nun lago ou nunha zona de marismas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Deputado e gobernador de Tennessee e líder dos demócratas do sur, foi elixido presidente de EE UU en 1845. Favoreceu a expansión estadounidense cara ao O e entrou en guerra con México (1846-1848). Ao rematar a guerra a fronteira estadounidense trasladouse ao río Bravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Estudou pintura na Academia de Belas Artes de Düsseldorf. Nas súas obras, a miúdo de gran formato, utilizou os grafismos, os tramados e as superposicións. Das súas obras destacaron Menschenmenge (1969), Wachturn III (1984-1985) e Dreiteiliges Genähtes (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos gádidos, ao que pertence o abadexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Formado na escola da Bauhaus de Chicago con Moholy-Nagy, dirixiu a Artist Group Gallery de Chicago (1936-1939) e o South Side Community Art Center (1939-1943). A partir de 1957 dedicouse a asesorar os museos de todo o país e converteuse en director da Federación de Artistas Americanos (1962-1964). Editor de libros sobre recoñecidos fotógrafos e colaborador de Life, Look e Art News, publicou The Picture History of Photography (1958) e Understanding Primitive Art (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO