polixinia

polixinia

(< poli- + -xinia)

  1. s f [BOT]

    Calidade da flor que ten moitos pistilos.

  2. s f [SOCIOL]

    Sistema matrimonial poligámico polo que un home pode unirse legalmente a máis dunha muller. Nas sociedades que manteñen esta práctica (xeralmente musulmás) só a poden seguir aqueles homes de boa posición social que poidan manter máis dunha muller. Tamén se dá en pobos de agricultura primitiva e gandeiros, porque son necesarias moitas mulleres para cultivar a terra e moitos fillos para coidar do gando. A maioría das lexislacións modernas, por influencia da lexislación romana e da moral cristiá, condenárona.

Palabras veciñas

polixénico -ca | polixenismo | polixenista | polixinia | póliza | Poliziano | polje*