"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Compositor e organista italiano. Estudiou no conservatorio de Zúric con W. Burkhardt e logo en París, onde se estableceu en 1949. Exerceu a docencia e formou parte do Groupe Art et Informatique. Autor eminentemente experimental, destacou con obras como Quator ‘S’ (1978-1979) ou Sept heures d’activités continues autour des miniordinateurs (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Besançon e de Portugal, fillo do duque Enrique de Borgoña. Acudiu á Península Ibérica xunto con outros cruzados francos e normandos para participar nas loitas de Afonso VI de Castela contra os almorábides. Destacou nas conquistas de Coimbra, Santarém e Toledo (1085) e, en recoñecemento polas súas actuacións, recibiu a man de Tareixa (1095), filla ilexítima do monarca, e como dote os territorios comprendidos entre os ríos Miño e Texo, baixo a modalidade de iure hereditario. En 1097 converteuse en conde de Portugal e, baixo o seu goberno, o territorio adquiriu un carácter autónomo. Obtivo de Roma a elevación de Braga a sé do arcebispado. Enfrontouse cos almorábides que lle arrebataron Lisboa (1094) e Santarém (1111). Ao morrer Afonso VI (1109) aproveitou as loitas dinásticas no reinado de Urraca de Castela e León e declarouse soberano independente. Apoiou a raíña contra Afonso I o Batallador, aspirante ao trono, pero tratando de asegurar a independencia do seu condado....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran Duque de Luxemburgo (2000), fillo e sucesor do seu pai, o Gran Duque Xoán. Formouse na Real Academia de Sandhurst (1975) e licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Xenebra (1980). Foi presidente honorario do Consello de Desenvolvemento Económico de Luxemburgo e dende 1980 membro do Consello de Estado de Luxemburgo. O 4 de marzo de 1998 converteuse en tenente-representante do seu pai, a quen sucedeu o 7 de outubro de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo sobre lenzo realizado por El Greco entre 1586 e 1588 para a igrexa de Santo Tomás de Toledo, onde se conserva. Coñecido tamén como El entierro del conde de Orgaz, representa o milagre acontecido durante o enterro de Gonzalo Ruíz de Toledo (?-1323), señor de Orgaz e benfeitor da igrexa, cando apareceron os santos Estevo e Agostiño para enterrar o corpo na sepultura. A escena divídese en dúas partes, na zona inferior represéntase o milagre e na superior, a gloria. Cómpre destacar que os personaxes da parte inferior son retratos de personalidades da época do pintor, vestidos con roupaxes do s XVI. Identificáronse, entre outros, Diego e Antonio de Covarrubias e un posible autorretrato do pintor. O tratamento das figuras, da luz e da cor é manierista.
-
-
Acción e efecto de envergar.
-
-
Ancho dunha vela envergada.
-
Conxunto de todos os envergues dunha vela.
-
-
-
Distancia entre os extremos das ás dun animal cando este as ten completamente despregadas.
-
Distancia entre os extremos das alas dunha aeronave.
-
-
-
Corpulencia dunha persoa ou dun animal.
-
Tamaño dunha cousa.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atar unha vela a unha verga suxeitando a relinga do grátil daquela á súa respectiva verga.
-
-
-
Cabo delgado que pasa polos buratos da vela para afirmala ao nervio da verga.
-
nó de envergue
Nó mariñeiro para suxeitar a vela.
-
-
-
Nó mariñeiro liso ou entrelazado.
-
envergue por seo
Nó mariñeiro de rizo.
-
-
-
-
er algo ou a alguén ao lonxe sen percibilo ou distinguilo ben.
-
Comezar alguén a comprender ou a decatarse de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado e dirixido pola profesora Eva Campo en Ferrol en 1983 e vinculado ao Instituto de Bacharelato Sofía Casanova. É un exemplo das posibilidades educativas e socioculturais do teatro escolar. Entre os seus espectáculos máis destacados cómpre sinalar A casa de Bernarda Alba, sobre o texto homónimo de Federico García Lorca; A comedia da Oliña, a partir da peza de Plauto; Pic-Nic, con textos de Fernando Arrabal ou Viva o Duque noso amo!, sobre unha comedia de José Luís Alonso de Santos.
-
PERSOEIRO
Escritor e filósofo alemán. Estudiou literatura e filosofía e doutourouse cunha tese sobre C. Brentano. Membro do Grupo 47, viviu en Noruega, Italia, EE UU e Cuba. A súa obra inclúe poesía, ensaio, pensamento filosófico e científico, drama, reportaxe, reflexión política e narración. Colaborador do xornal El País, percorreu España durante tres meses e publicou as súas reportaxes en Cristales rotos de España (1985). Asesor da editorial Suhrkamp de Frankfurt dende 1960, a partir de 1965 editou a revista Kursbuch. Entre as súas obras destacan: Detalles (1969), Política e delito (1968), O afundimento do Titanic (1984), Europa, Europa! (1989), Perspectivas da guerra civil (1994), O diabo dos números: un libro para todos aqueles que temen as matemáticas (1997), Onde estiveches, Robert? (1999) e Diálogos entre inmortais, mortos e vivos (2001). Recibiu, entre outros, o Premio Büchner (1963), o Premio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Kiev 1891 - Moscova 1967) Escritor e xornalista ruso. Emigrou a París en 1908 por razóns políticas. Participou na Revolución de 1917 e durante a Guerra Civil española foi correspondente de guerra. Entre as súas obras destacan Stikhi (Versos, 1910), Neobyčajnyje pokhoždenija Khulio Khurentino (As extraordinarias aventuras de Khulio Khurentino, 1922), Trest D. E. ili Istorija gibeli Jevropy (O trust D. E. ou a historia da caída de Europa, 1923), Tridcat’ trubok (As trece pipas, 1923), Padenije Pariža (A caída de París, Premio Stalin 1942), Bur’a (A tempestade, Premio Stalin 1948), Dev’atyi val (A novena onda, 1951-1952), Ottepel’ (O desxeo, 1954) e Ljudi, gody, žizn (Homes, anos, vida, 1961).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de traballo no sistema CGS que equivale ao traballo realizado por unha forza dunha dina ao percorrer un espazo dun centímetro. Exprésase en cm2·g·s-2 e equivale a 10-7J.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extensión de terreo areoso cuberto de dunas que forman aliñacións irregulares, separadas por depresións. Os matos xerófitos e o drinn (Arista pungens) son a única vexetación. O Gran Erg Occidental, ao pé do Atlas, e o Gran Erg Oriental, que chega ata Turquía, son os máis importantes do Sáhara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudiantes Revolucionarios Galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Barcelona no ano 1992 para a difusión, mediante o emprego da radio, das compoñentes que configuran a Galicia da emigración. Pretendía apoiar os actos relacionados coa cultura galega, unificar os diferentes espacios radiofónicos en lingua galega e mellorar a súa calidade. Inicialmente, os programas asociados eran Galicia no Vallés, de Radio Mollet, Morriña, de Radio Nou Barris (Radio Unión Catalunya), Camiño da Terra, de Distrito 3 Radio (Radio Gramenet), Sempre en Galicia, de Radio Cornellá, Airiños, de Radio Gramanet, A Nosa Terra, de Radio Florida, e Galiza... algo máis, de Radio Ciutat Vella (Sants-Montjuïc Radio). Posteriormente, sumouse Aturuxos, de Radio Ciutat Vella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos da subclase dos copépodos, de ata 3 mm de lonxitude, que constitúen parasitos das branquias dos peixes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obradoiro dun artesán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de vesículas que están en disposición irregular, a miúdo anastomosadas entre elas, que presentan na superficie externa das paredes un gran número de ribosomas. As súas membranas encárganse de deixar pasar e conducir as proteínas que forman os ribosomas. Coñécese tamén co nome de retículo endoplasmático rugoso.
-
-
Prisión ou galería dun cárcere romano.
-
Obradoiro de escravos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caso que, en certas linguas como as caucásicas, o éuscaro e o esquimó, indica o axente dunha acción transitiva. Nestas linguas o caso ergativo adquire unha marca específica, mentres que o paciente dos verbos transitivos e o axente dos intransitivos se presenta cunha forma invariable (nominativo ou ausencia de marca de caso). É dicir, cando un predicado verbal é susceptible de levar dous participantes, un activo e outro pasivo, ambos se distinguen pola marca de caso ergativo asociada ao axente dese predicado e, sen embargo, o participante pasivo adoita ir sen ningún tipo de marca. Pero cando o predicado verbal só admite un participante, ese participante -activo ou pasivo- prescinde de toda marca xa que non cómpre empregala para diferenciar ambos os dous participantes. Así, por exemplo, en éuscaro, os termos gizona (‘o home’) e liburua (‘o libro’), acompañados de verbo transitivo ikhusi-du (‘viu’), convértense en gizona-k liburua ikhusi-du (‘o home viu...