"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • CAPITAIS

    Capital das illas Bahamas e porto da costa NL da illa de New Providence (172.000 h [1997]). É un importante centro turístico. A cidade é relativamente pequena, pero o distrito residencial esténdese ao longo da costa. Por vantaxes de orde fiscal, converteuse nun importante centro internacional de negocios e finanzas, con filiais de grandes compañías americanas, canadenses e británicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se instalou na rexión de Lahn, descendente dos condes de Laurenburg. A partir de Ruperto I (1123-1154), que construíu o castelo de Nassau, adoptaron o título de condes de Nassau. En tempos de Enrique II o Rico (1190-1247/51) a familia estendeuse por Renania. Os seus fillos Walram e Odón dividiron as posesións familiares (1255). A rama que procedía de Walram, á que pertencía Adolfo, emperador xermánico (1292-1298), dividiuse en dúas (1355): os Nassau-Idstein-Wiesbaden (extinguidos en 1605) e os Nassau-Weilburg , que novamente foron reunidos con Luís II (1565-1627). En 1627 volvéronse dividir entre os Nassau-Idstein (extinguidos en 1721), os Nassau-Saarbrücken (extinguidos en 1723) e os Nassau-Weilburg (extinguidos en 1912). A rama menor, que procedía de Odón (morto en 1290), dividiuse en tres: Nassau-Hadamar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito petrolífero de Libia, situado na rexión de Barqa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar exipcio. De nome Ǧ amāl’ Abd al-Nā ṣ ir, foi membro preeminente do grupo de oficiais libres que destronou o Rei Fārūq I de Exipto (1952), substituíu o xeneral Naguib no goberno (1954-1956) e presidiu a república exipcia (1956-1970). Iniciou unha moderada reforma agraria, declarou a liberdade relixiosa e levou a cabo a nacionalización do canal de Suez (1956), cun socialismo estreitamente ligado coa URSS. Constituída a unión con Siria, ocupou a presidencia da República Árabe Unida (1958-1963). Despois de anunciar a súa dimisión, a raíz do desastre da Guerra dos Seis Días (1967) con Israel, solicitáronlle que a retirara. Impulsou o Movemento dos Países Non-aliñados

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presidente do sanedrín, chamado tamén patriarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade multirracial estadounidense fundada en 1909 por W. E. B. du Blois para favorecer e facer respectar os dereitos das persoas negras en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga profesional de baloncesto, creada en EE UU en 1946. Partiu dunha idea do xornalista Max Kase e levouna a cabo Ned Irish, formándose a Basketball Association of America (BAA), que nun principio contou con 11 equipos, dos que perduran tres; Boston Celtics, New York Knicks e Golden State Warriors. En 1950 a BAA uniuse á National Basketball League (NBL), e formouse a National Basketball Association (NBA), con Maurice Podoloff como o seu primeiro comisionado. A competición está formada por 29 equipos, divididos en dúas conferencias (Leste e Oeste) e catro divisións (Atlántico, Central, Medio-Oeste e Pacífico).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagoga suíza. Propugnou unha pedagoxía que consistía en proporcionarlle ao alumno a vontade e os medios para acadar a madureza por el mesmo co estímulo do educador. Escribiu L’education progressive ou Étude du cours de la vie (1828-1838), en tres volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa centroriental, afluente pola esquerda do río Oder (224 km de lonxitude). Nace en Bohemia, República Checa, e xunto co Oder, parte do seu curso forma a liña fronteiriza entre Polonia e Alemaña establecida polos acordos de 1950 (Oder-Neisse).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Descubriu, en 1879, a bacteria Micrococcus gonorrhoeae, xerme produtor da blenorraxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias aerobias Gram-negativas, da familia das neisseriáceas, que morfoloxicamente pertencen ao tipo diplococo. Son heterótrofas e poden ser saprófitas ou parasitas. As especies máis características son o gonococo e o meningococo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás neisseriáceas.

    2. Bacteria da familia das neisseriáceas.

    3. Familia de bacterias Gram-negativas, que se caracterizan por ter forma de coco e ser de vida comensal e parasita. O xénero máis importante é Neisseria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático, conde de Nesselrode. Nacionalizado ruso e de orixe alemá, proporcionou ao goberno ruso importantes informacións mentres traballaba como agregado da embaixada en Alemaña, Países Baixos e Francia. Alexandre I de Rusia delegou nel para o Congreso de Viena (1815) e nomeouno ministro de Asuntos Exteriores (1816). O fracaso da Guerra de Crimea (1856) obrigouno a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución acuosa alcalina de tetraiodomercuriato (II) de potasio, K2(HgI4), empregada para o recoñecemento e a determinación por colorimetría do ión amonio e do amoníaco, co que dá unha coloración amarela ou un precipitado escuro, segundo a concentración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (149.702 h [2000]). Situada á esquerda do Rin, diante de Düsseldorf, é un importante centro de manufacturas e de construción mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte alemán. Estudou os manuscritos iluminados hispánicos, e centrouse especialmente na ilustración das biblias catalás de Ripoll e Rodas (s XI), fonte de inspiración para a Apocalipse de A. Dürer. Codirixiu as Spanische Forschungen der Görresgesellschaft.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ao L de macizo de Haardt (51.600 h [1990]). É o centro dunha rica zona vinícola. Creada no s XIII polos condes do Palatinado, tivo importancia na época da Reforma e foi seo dunha facultade de teoloxía protestante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do SL de África, situado entre Malawi, Tanzania e Moçambique (7.044 km2). Ocupa unha das fosas tectónicas do Rift Valley, a máis de 500 m de altitude e cunha profundidade máxima de 706 m. As costas, escarpadas, acadan os 2.000 m no O. Desemboca no Zambeze a través do río Shire e é rico en pesca. O parque nacional creado arredor deste lago foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO