"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Elettaria cardamomum, Fam das zinxiberáceas]
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xunta universal do tipo máis simple que consta de dúas pezas en forma de forcado, cada unha montada sobre un dos extremos de cada árbore, e unha cruceta. Fai posible a transmisión dun movemento entre dous eixes que non están alineados.
-
PERSOEIRO
Médico, matemático e astrólogo italiano. Licenciouse en Medicina en Padua (1526) e residiu dende 1532 en Milán. En 1541 foi nomeado catedrático de Medicina en Pavia e en 1562 en Boloña. En 1570 foi encarcerado, acusado de herexía e obrigado a abxurar privadamente. Formou parte do grupo renacentista que fundamentou a álxebra simbólica. Na súa obra Arts Magna (Arte Magna, 1545) solucionou a ecuación de terceiro grao a partir da fórmula de Tartaglia e a ecuación de cuarto grao a partir da fórmula do seu discípulo Ferrari; tamén presentou o primeiro cálculo sistemático de probabilidades en Lieber de ludo aleae. En medicina describiu o tifo exantemático, estudiou o tratamento da sífilis e investigou sobre os soños e as determinacións do carácter polos trazos faciais. No campo da mecánica atribúeselle a invención do sistema de articulación e de suspensión coñecido como cardán que lle permite a un obxecto conservar sempre a horizontal. Ademais, publicou De subtilitate...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Preparar o liño e a la, desenleándoo coa carda, para o traballo da fía.
-
Peitear o pelo dende a punta cara á raíz co fin de darlle máis volume.
-
Labrar a terra previamente, para quitarlle as malas herbas, de xeito que quede preparada para que se poida sementar nela.
-
Amoestar a algúen cunha reprimenda dura.
-
Xuntar a vaca os xarretes cando camiña.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e xornalista italiano. Publicou as prosas líricas Prologhi (Prólogos, 1916), Viaggi nel tempo (Viaxes no tempo, 1920), Il cielo sulle città (O ceo baixo a cidade, 1939), Solitario in Arcadia (Solitario en Arcadia, 1947) e os poemarios Poesie (Poesía, 1936) e Poesie nouve (Poesía nova, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
carvea.
-
-
Título de cada un dos altos dignatarios eclesiásticos asistentes do papa. É o propio pontífice quen os escolle e comunica os nomes dos elixidos nun consistorio. Os cardeais teñen a misión de elixir o sucesor do papa trala súa morte, nun conclave convocado con este fin. A configuración do cardealado foi gradual: desde o s V os bispos das sete dioceses que rodeaban Roma (suburbicarías) exercían función na basílica de San Xoán de Letrán, onde foron “incardinados”; os presbíteros encargados das igrexas (tituli) romanas recibiron a denominación de cardeais, no s X, e de diáconos, no s XI. Esta é a orixe da estruturación do colexio cardinalicio en tres ordes: cardeais-bispos (bispos suburbicarios), cardeais-presbíteros e cardeais-diáconos. Os cardeais, que desde o pontificado de León IX (1048-1054) comezaran a exercer tarefas no goberno da Igrexa, substituíron practicamente os sínodos romanos. Estaban intimamente ligados á sé de Roma...
-
-
Ave da familia dos frinxílidos de peteiro groso e contorno redondeado e con plumaxe, especialmente os machos, predominantemente de cores rubia, roxa ou rosada.
-
cardeal común [port: dom-fafe; cast: camachuelo común; ingl: bullfinch]
[Pyrrhula pyrrhula, Fam dos frinxílidos] Cardeal de ata 15,5 cm, coa cara anterior e a caparucha negras, peito roxo (a femia co peito acastañado rosado) e as partes superiores gris azuladas, alas negras con franxa branca, mitra branca e cola longa e negra. Distribúese nos bosques húmidos de coníferas e planifolios do Paleártico. Na Península Ibérica localízanse polo extremo norte coincidindo coa rexión eurosiberiana e en Galicia vive nas fragas e nos bosques da ribeira.
-
cardeal de Virginia
[Cardinali
-
cardeal dos piñeiros [cast: camachuelo picogrueso; ingl: pine grosbeak]
[Pini
-
cardeal escarlata [cast: camachuelo carminoso; ingl: scarlet rosefinch]
[Carpodacu
-
cardeal gris
[Paroaria coronatus, Fam dos frinxílidos] Cardeal de ata 19 cm, de patas longas. Os dous sexos teñen a cabeza e a gorxa rubia cunha curupela. Vive nos prados con arbustos dispersos de Bolivia, Paraguay, Uruguay, S de Brasil e N de Arxentina. Apréciase como ave de compañía polo seu colorido e canto melodioso.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Redondela (Corcubión), segundo os planos do enxeñeiro Francisco Llovet (1755). Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade de cardeal.
-
MUNICIPIOS
Municipio do Vallès Oriental, no centro da depresión do Vallès, ao N do macizo de Montseny (10.805 h [1996]). Predomina a agricultura de secaño (cereais e forraxes). Tamén é importante a cría de gando bovino e porcino. A industria está bastante diversificada, pero os sectores principais son o téxtil e o plástico, formados por pequenas e medianas empresas. Nos últimos anos produciuse un aumento de poboación, como consecuencia do carácter turístico que acadou o municipio. No seu patrimonio arquitectónico destacan edificacións medievais como a capela de Sant Corneli (s XI) e o Casal Bell-lloch (s XVIII). Tamén son importantes os espacios naturais como o parque dos Pinetons e o de Pompeu i Fabra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe moi espallada por toda a Península que tamén pode aparecer nos tratados heráldicos coa forma Cardero. As súas armas traen, en campo de goles, un castelo de ouro, ameado e cachotería de sable.
-
RIOS
Río afluente do Avia pola esquerda. Nace da confluencia dos ríos Doade, Beariz e Magros, no límite das parroquias de Beariz (concello de Beariz) e Córcores (concello de Avión). O seu curso adopta unha dirección xeral NO-SL, encaixado sobre un contexto litolóxico dominado polas cuarcitas que o fai mudar de rumbo sucesivamente. Ata a súa desembocadura discorre polos límites establecidos entre os concellos de Beariz e Boborás (parroquias de Cardelle e Albarellos) co de Avión (parroquias de Amiudal e Avión). Desemboca no encoro de Albarellos, no límite entre as parroquias de Albarellos (concello de Boborás) e Avión (concello de Avión).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de san Silvestre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, unha ponte de ouro, sobre ondas de azul e prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
carvea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fouce pequena que está unida a un pau longo, para facilitar o traballo de seitura.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, en Andalucía, nos contrafortes de Sierra Morena, drenado polo río Arenoso (2.009 h [1996]). O clima é mediterráneo con certo carácter de continentalidade. A súa economía é principalmente agropecuaria, onde a cría de gando bovino e porcino son as actividades máis destacadas. A principal industria é a téxtil. Nos últimos anos adquiriron grande importancia as actividades relacionadas co turismo. Dentro do municipio está o Parque Natural de La Sierra, declarado Espacio Protexido en 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e sacerdote. Compaxinou a tarefa literaria, a misión pastoral e o compromiso político. Graduado como bacharel, trasladouse a México onde estudiou filosofía e letras, e despois a Nova York para ampliar estudios. En 1950 fundou en París a editorial El Hilo Azul. En 1956 ingresou no mosteiro trapense Our Lady of Gethsemany de Kentucky e en 1961 marchou a Colombia, onde estudiou teoloxía; catro anos despois ordenouse sacerdote en Managua. Foi dirixente da Frente Sandinista de Liberación Nacional e loitou contra a ditadura de A. Somoza. Trala vitoria sandinista en 1979, ocupou o ministerio de Cultura e en 1985 foi afastado polo Vaticano do sacerdocio. Pertenceu ao movemento Cristianos por el Socialismo, vinculado á teoría da liberación. En 1994 renunciou á súa militancia na Frente Sandinista de Liberación Nacional por discrepancias con parte da dirección do partido. Entre outras obras, publicou: Epigramas (1956), Salmos (1964), Homenaje a los indios americanos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.