Cardeña
Cardeña
Municipio da provincia de Córdoba, en Andalucía, nos contrafortes de Sierra Morena, drenado polo río Arenoso (2.009 h [1996]). O clima é mediterráneo con certo carácter de continentalidade. A súa economía é principalmente agropecuaria, onde a cría de gando bovino e porcino son as actividades máis destacadas. A principal industria é a téxtil. Nos últimos anos adquiriron grande importancia as actividades relacionadas co turismo. Dentro do municipio está o Parque Natural de La Sierra, declarado Espacio Protexido en 1989.