"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Mestre de capela. Traballou na catedral de Lugo desde 1943 a finais da década de 1960. Doutor en Filosofía e Teoloxía, pola Universidad Pontificia de Comillas, especializouse en música con Nemesio Otaño ou Xosé Ignacio Prieto e reorganizou a Schola Cantorum do seminario, onde impartiu o ensino musical. Da súa produción destacan oito lieders sobre textos de Rosalía de Castro, premiados en Pontevedra no I Festival da Canción Galega (1960); dentro da música sacra Ecce Panis, Tu es Petrus, Estrella del Mar, Señor Sacramentado e Misa Peregrini; no aspecto profano compuxo Rapsodia abulense, Esta gaitiña que eu toco e moitas pezas polifónicas que están baseadas en melodías galegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad de Madrid, especializouse en obras didácticas e literarias, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. No apartado pedagóxico destaca a escolma poética Os novísimos da poesía galega (1973), o libro de texto Literatura galega século XX (1981), en colaboración con X. Rábade Paredes; e os cadernos didácticos As linguas de España (1991) e Verso e prosa (1991). No eido da tradución, ademais das versións que outros autores realizaron das súas obras, publicou El perro Rin y el lobo Crispín (1986), de Carlos Casares; Mecanoscrito da segunda orixe (1989), de Manuel de Pedrolo; Os ollos do dragón (1989), de Mª Angels Gordella; e As mazás da prosperidade (1991), de Hans C. Andersen. No apartado creativo, ademais de participar no volume colectivo Lerias (1991), destacan Alcores de Donalvar (1969), Mar adiante (Historia de nenos pra nenos) (1973), Contos pra nenos (1979), Leonardo e os fontaneiros (1986, Premio Barco de Vapor),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Anarcosindicalista, fillo de Xosé Moreno Bello. Na Segunda República ocupou diversos cargos de responsabilidade na Sociedad de Panaderos e na Federación Local coruñesa. Substituíu a José Villaverde na secretaría da Confederación Regional Galaica (CRG), nun contexto de agudización da confrontación de clases que desembocou na folga xeral de Nadal, de carácter semi-insurreccional (1933). Perseguido polas autoridades, pasou á clandestinidade durante un tempo como integrante dos Comités de Defensa da CNT, e reapareceu en 1935. Durante os derradeiros días da Frente Popular, ocupou de xeito interino a secretaría da CRG, e organizou na Coruña a resistencia ao golpe militar. Agochado durante os primeiros meses da contenda, fuxiu a Asturias por mar con outros cadros cenetistas, e artellou a Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Cando á caída da fronte do Norte comandaba o Batallón 219 Galicia, tentou con algúns dos seus homes, penetrar no territorio galaico, pero foi sorprendido e asasinado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estivo interesado pola música teatral, despois de deixar a música sinfónica, e foi empresario e director artístico. Foi director do Teatro de la Zarzuela (1926), do Teatro Calderón, da Compañía Lírica Nacional e directivo da Sociedad General de Autores. Escribiu a ópera La Virgen de Mayo (1925) e as partituras de zarzuelas Luisa Fernanda (1932), Azabache (1933), La chulapona (1934), Paloma Moreno (1936) e La Ilustre moza (1943). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ribadeo. Foi erixida cara a 1915 por indianos retornados. De estilo modernista, ten planta rectangular e cinco andares, de formigón e ferro. Destaca o emprego de azulexados, mármore, forxa e cristaleiras na súa construción. A torre conta cunha cúpula de cor avermellada, que está sostida por catro cariátides. Supuxo unha novidade técnica na vila pola presenza dun ascensor e dun sistema interno de recollida de lixo. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1997).
-
GALICIA
Escritor. Debutou no ámbito literario con O cable inglés (premio Café Dublín de Narrativa Breve, 1995). Publicou o libro de relatos Matar a Kerenski (1998), obra formada por sete historias, tres delas recoñecidas co Pedrón de Ouro do Premio Modesto R. Figueiredo, e a novela Reminiscencias de Bob Dylan (2000), obra ambientada no Vigo de finais da década de 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo maxistral da colexiata de Santa María do Campo na Coruña e director da publicación relixiosa Pobo de Deus. Traduciu ao galego os Evanxeos, A palabra de Deus (1965), e escribiu O misal galego (1968) e O catecismo na escola I (1972). Recibiu o Pedrón de Ouro (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Autor próximo a Calderón, reelaborou obras doutros cun estilo refinado e elegante, propio dos creadores rococós do s XVIII. Publicou comedias relixiosas e históricas e algunha das súas mellores obras foi imitada por italianos e franceses. Da súa produción destacan El desdén por el desdén (1654), El lindo Don Diego (1654), El valiente justiciero, El parecido en la corte e os entremeses La reliquia, El hijo del vecino e Los galanes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baía do L de Australia, situada no estado de Queensland. É pouco profunda, sementada de illotes areosos e resgardada do océano polas illas Stradbroke e Moreton, que dan entrada ao porto da capital do estado, Brisbane.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. De nome Alessandro Boncivino, pertenceu á escola de Brescia, dentro da órbita das influencias da pintura veneciana e lombarda. A súa obra caracterizouse por un tardío misticismo, da que destacan as escenas relixiosas e os retratos. Pintou, entre outras, Natività e Ritrato maschile.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. Foi reedificada en 1920 e conserva restos da fábrica románica anterior, como as fachadas. No seu interior destaca a imaxe de San Tomé de época barroca. Na fachada principal ten catro arquivoltas con decoración xeométrica. A fachada N ten un axadrezado e o tímpano un rosetón e sete brazos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Interventor do Banco de España (1960) e director xeral de Pescanova SA (1962-1975), foi nomeado director xeral de Pesca Marítima no Ministerio de Comercio (1975-1978) e subsecretario de Pesca e Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións (1978). Integrouse no Banco de España como director xeral en Barcelona (1980) e chegou a ser subdirector xeral (1989). Foi deputado no Congreso de los Diputados por UCD (1977-1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anthonis Mor van Dashorst.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san Thomas More.
-
DISTRITOS
Distrito de Uganda (14.113 km2; 174.417 h [1991]). A súa capital é Moroto (5.488 h [1969]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que sente morriña.
-
Que está abatido e sen forzas.
-
-
Que produce nostalxia e tristura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten sucidade apegada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chloe Anthony Wofford.
-
RIOS
Río que nace no monte Moldes, na parroquia do Caramiñal e desemboca na marxe dereita da ría de Arousa (A Pobra do Caramiñal).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de morrer.
-
-
Que non ten vida. Na tradición oral recóllense ditos como: “Morto o can, acabouse a rabia.”
-
Que non ten movemento ou actividade.
-
-
Que pertence ao pasado e está en desuso.
-
Que non ten vitalidade ou forza.
-
Que experimenta algo de forma intensa. OBS: Úsase seguido da preposición de.
-
Que está moi canso.
-
Persoa que morreu. Na tradición oral recóllense ditos como: “O morto e o ausente non son xente. Os mortos non se queren levantar para que non lles collan o seu lugar”.
-
Áncora dunha soa uña cravada no fondo e fixada solidamente nunha boia onde se amarran as embarcacións.
-
...
-