Moreno, torre dos

Moreno, torre dos

Construción situada en Ribadeo. Foi erixida cara a 1915 por indianos retornados. De estilo modernista, ten planta rectangular e cinco andares, de formigón e ferro. Destaca o emprego de azulexados, mármore, forxa e cristaleiras na súa construción. A torre conta cunha cúpula de cor avermellada, que está sostida por catro cariátides. Supuxo unha novidade técnica na vila pola presenza dun ascensor e dun sistema interno de recollida de lixo. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1997).