Morenos, Os
Morenos, Os
[MÚS]
Cuarteto de música tradicional de finais do s XIX e principios do XX. Creouse en Lavadores (Vigo) e os seus compoñentes eran Olimpo Alonso (bombo), Manuel Oliveira (gaita), Xosé Oliveira (gaita) e Xosé Suárez (tamboril). Actuaron en festas e romarías. Tiñan un repertorio propio, con pezas moi coñecidas como Ao saír para a romaría, Pasodobre de San Roque, Foliada dos Morenos ou Muiñeira das Milladas.