"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación que consta dun motor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte en que se emprega un vehículo de motor, xeralmente unha motocicleta.
-
-
Persoa que conduce un vehículo automóbil e coida do motor.
-
Persoa que conduce unha motocicleta.
-
Garda civil de tráfico que conduce unha motocicleta.
-
-
-
Acción e efecto de motorizar ou motorizarse.
-
Conxunto das características do motor dun vehículo.
-
-
-
-
Prover a un vehículo de motor para que se poida trasladar por si só.
-
Dotar algo de medios de transporte.
-
-
Pasar a ter un vehículo de motor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina de motor cunha lámina metálica rodeada por unha cadea dentada que se utiliza coa mesma finalidade ca unha serra.
-
-
Planador que dispón dun grupo motopropulsor para levantar o voo e como axuda para buscar as ascendencias atmosféricas.
-
eleiro dotado de motor.
-
-
PERSOEIRO
Político. Estivo ao servizo de Castela como embaixador en Lisboa e foi o principal axente de Filipe II nas negociacións para conseguir a Coroa de Portugal de forma pacífica. Obtivo a presidencia do Consello de Portugal e o título de conde de Castelo Rodrigo (marqués desde 1598). Foi vicerrei de Portugal entre 1600 e 1603 e desde 1608 a 1612.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de uva tinta.
-
PERSOEIRO
Mariño. Percorreu a costa americana e descubriu o arquipélago de Vava’u e varias illas de Oceanía. Foi secretario do vicerrei de México (1790-1793) e loitou contra os franceses e ingleses. Escribiu un Diario sobre a súa primeira viaxe pola costa americana onde recolleu datos sobre os pobos indíxenas e a flora da rexión. Tamén foi autor de Noticia de la navegación de la fragata “Princesa” al mando del alférez D. F. Mourelle desde Manila a San Blas por el Océano Pacífico en 1780 y 1781.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. De estilo románico, é un templo de dimensións reducidas. Construída entre finais do s XII e principios do s XIII, a sancristía e o retablo maior foron engadidos no s XVII. Ten planta rectangular e unha soa nave. Á ábsida accédese desde a nave a través dun arco triunfal de medio punto con arquivoltas decoradas. No interior destaca o retablo neoclásico do altar maior, cunha imaxe do s XVI. A fachada presenta unha porta con arquivoltas e columnas decoradas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Marta de Meilán (Riotorto). Datada no s XIV, ten planta rectangular e foi construída en estilo gótico. Na porta destaca un arco oxival decorado. No s XVI pertenceu a dona María Bolaño, que tamén era dona do couto de Riotorto.
-
PERSOEIRO
Pintor. Influído polo neoexpresionismo, traballou co pintor Luis Rodríguez Gordillo nos Talleres de Arte Actual de Madrid. Seguidor do neohumanismo, ao que engadiu o horror vacui e o linealismo clasicista, amosou interese polas formas abstractas. Nas súas obras creou espazos propios para a narración pictórica e pintou mundos de ensoñación con figuras inconcretas inmersas en espazos infinitos. Destacan Máquinas (1983), Tempos de pintura (1985), Nocturno cidade (1990), Bazar (1991) e Sol entre árbores (1990-1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo SL da parroquia de Correxais (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.326 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de mover ou moverse.
-
-
Cambio de posición dun corpo, nun sistema material, respecto a un sistema de referencia e en función do tempo. As investigacións feitas por Kepler, Galileo e Newton sobre o movemento fixeron abandonar a idea aristotélica dun universo intuitivo e deron lugar ao nacemento da mecánica, que se divide en cinemática, que estuda o movemento sen ter en conta as causas que o producen, e a dinámica, que considera a casualidade. O espazo e o tempo son os parámetros que determinan o movemento, xuntamente co establecemento dun sistema de referencia. Para un punto material, defínense tres conceptos: a traxectoria, a velocidade e a aceleración. En función destes estúdanse esencialmente catro tipos de movemento: rectilíneo uniforme, en que a velocidade é constante en módulo e dirección e calquera aceleración é nula; circular uniforme, en que a velocidade é constante en módulo e variable en dirección, e a aceleración tanxencial nula; rectilíneo...
-
movemento absoluto
Movemento dun corpo que se move en relación a determinados corpos ou puntos de referencia que se supoñen fixos.
-
movemento acelerado
Movemento en que a aceleración non é nula e pode ser positiva ou negativa.
-
movemento browniano
movemento browniano.
-
-
-
Acción pola que un corpo ou algunha das súas partes cambia de lugar ou de posición.
-
movemento ameboide
Maneira peculiar de moverse unha ameba ou un leucocito pola protrusión de pseudópodos.
-
movemento automático
Movemento que se produce no corpo independentemente da vontade.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que se fundou en Galicia en xaneiro de 1976. Tivo a súa orixe no Movimiento Comunista formado en Euskadi en 1966. Defendeu a autogobernación galega nun discurso marxista e socialista, e pretendía unha revolución social que acabase coa dominación burguesa e establecese unha Galicia soberana. En 1976 integrouse no Consello de Forzas Políticas Galegas e aínda que expuxo textos para a formación do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, non se presentou nas primeiras eleccións galegas (1981) por non estar legalizado. Editaba a publicación Galicia en Loita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Santiago de Compostela en 1975 co nome de Asociación para a Correspondencia e a Imprensa Escolar, en conexión coa asociación española do mesmo nome, e que despois pasou a denominarse Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega. Esta asociación naceu como consecuencia do movemento galeguista que xurdiu no ensino na década de 1970 e avogaba pola renovación pedagóxica, baseada na pedagoxía desenvolvida por Célestin Freinet, desde perspectivas galeguizadoras do ensino. Propugnaba unha escola popular e cooperativa, preferentemente ao servizo dos fillos das clases populares, en que o saber se construía coa participación de todos e cada un dos implicados na educación do neno, tanto no seu ambiente habitual coma no interior da escola. O Movemento editou, entre 1978 e 1981, a revista pedagóxica As Roladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional formada por estados non integrados en ningún dos dous bloques político-militares xurdidos despois da Segunda Guerra Mundial. Fundada en 1961 en Belgrado, os seus membros, maioritariamente estados do Terceiro Mundo, promoven a cooperación mutua para o establecemento dunha nova orde económica e política para contrarrestar o peso das grandes potencias. Tivo os seus antecedentes na Conferencia de Bandung (1955) e celebrou conferencias periódicas: Belgrado (1961), O Cairo (1964), Lusaka (1970), Alxer (1973), Colombo (1976), La Habana (1979), Nova Delhi (1983), Harare (1986), Belgrado (1989), Xacarta (1992), Cartagena de Indias (1995), Durban (1998) e Kuala Lumpur (2003). Coa disolución de URSS (1991) e a desaparición dun mundo politicamente bipolar, o movemento reformulou a súa estratexia poñendo énfase no seu papel de portavoz do Terceiro Mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político fundado por Alfonso Álvarez Gándara en Vigo. Fusionouse co Partido Socialista Galego para presentarse ás primeiras eleccións xerais da democracia (1977).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización da esquerda revolucionaria portuguesa que integraba aos militares, dos que destacaron Ernesto Melo Antunes, Otelo Saraiva de Carvalho e Vasco Gonçalves, que organizaron a Revolução dos Cravos. Coñecida como os capitães de abril, o 25 de abril de 1975 enfrontouse co réxime fascista de Portugal e derrocouno. Tras o triunfo asumiron a reorganización do goberno e das forzas armadas.