Mouricios, San Cristovo de

Mouricios, San Cristovo de

Igrexa parroquial situada en Chantada. De estilo románico, é un templo de dimensións reducidas. Construída entre finais do s XII e principios do s XIII, a sancristía e o retablo maior foron engadidos no s XVII. Ten planta rectangular e unha soa nave. Á ábsida accédese desde a nave a través dun arco triunfal de medio punto con arquivoltas decoradas. No interior destaca o retablo neoclásico do altar maior, cunha imaxe do s XVI. A fachada presenta unha porta con arquivoltas e columnas decoradas.