"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e xornalista. Foi o cineasta máis importante da Italia fascista con obras como Il Caso Haller 1860 (O asunto Haller 1860, 1933), sobre a epopea de Garibaldi, e Quattro passi fra le nuvole (Catro pasos entre as nubes, 1942); iniciou así a súa filmografía de posguerra, que desenvolve unha temática costumista. Estivo influído tamén polo cine histórico e polo neorrealismo. Todas as correntes e escolas do cine italiano se concentran na súa produción filmográfica. Realizou, entre outras películas: Sole (Sol, 1929), Europa di notte (Europa de noite, 1958) e Simon Bolivar (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Axudante de dirección e realizador cinematográfico. Presentou unha xeración de novos actores como Moiou-Miou, Depardieu e Dewaere, en Les valseuses (Corazóns tolos, 1973). Estivo influído polo Surrealismo, tal e como amosa en Buffet froid (Buffet frío, 1979) e preocupouse pola homosexualidade en Tenue de soirée (Obrigada á noite, 1986) e na produción Trop belle pour toi (Demasiado bela para ti, 1989). Realizou ademais Préparez vos mouchoirs? (Teñen preparados os seus panos?, 1978), gañadora dun Oscar á mellor película estranxeira e Mon homme (O meu home, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista danés. Publicou traballos de Dialectoloxía e, sobre todo, de Sintaxe; entre eles cómpre destacar L’ordre des mots en français moderne (A orde das palabras en francés moderno, 1928 e 1933) e Le problème da la transitivité en français moderne (O problema da transitividade no francés moderno, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo ruso. A partir de Stikhi o Prekrasnoj Dame (Versos a unha bela dama, 1904) converteuse no principal poeta simbolista ruso. Unha vez fracasada a revolución do 1905, derivou cara ao pesimismo e a sátira, como nos dramas líricos Balagančik (O barracón dos saltimbanquis, 1906) e Roza i Krest (A rosa e a cruz, 1913). En Dvenatcat’ (Os doce, 1918) e Škify (Os escitas, 1918) presenta unha visión mesiánica e moi persoal da revolución do 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro. Estableceu a clasificación das magnitudes fundamentais da fotometría e escolleu as diversas unidades. Investigou a teoría de alternadores e motores síncronos, e as liñas de condución. No ano 1893 inventou o oscilógrafo de bobina móbil, e no 1909 proxectou a maquinaria da central de Gorges du Rhône de Génissiat. Interesouse tamén pola radioelectricidade, creou os primeiros radiofaros e escribiu, entre outras obras, Les transmissions électriques d’énergie (As transmisións eléctricas de enerxía, 1898) e Théorie des moteurs synchrones à courants alternatifs (Teoría dos motores síncronos en correntes alternativas, 1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Santa Olaia de Pedrafita (Chantada), está moi deteriorada. Consta de dous corpos, un rectangular e outro cadrado amodo de torre. Os muros son de cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Baixa Normandía, Francia, comprendida entre os departamentos de Manche, Orne e Calvados. Forma parte do macizo Armoricano. O principal recurso económico é o pastoreo e, en Granville, a pesca e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1774-1782). Foi penitenciario de Coria, arcediago de Almería e dende 1757, bispo de Guadix e de Baza. Dende o momento en que tomou posesión do seu cargo en Santiago, en abril de 1774, dedicouse sobre todo á predicación. Nos seus sermóns e pastorais realizaba unha defensa a ultranza do Absolutismo. No ano 1777 nunha pastoral e na obra Saludable Medicina (1778) denunciaba a penetración de obras procedentes de Europa que poñían en perigo o equilibrio social existente, con novas ideas sobre a soberanía do pobo. Rousseau e Voltaire son obxecto dun acoso constante por parte deste arcebispo, aos que acusa de irracionais e apóstolos de Satanás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo protestante alemán, coñecido como Carlstadt e Carlostadius. Defendeu as doutrinas de Lutero diante de Johan Eck en Leipzig (1519). Durante o retiro de Lutero en Wartburg (1521-1522) foi abandeirado da aplicación radical da nova doutrina, pero aceptou máis tarde as normas eucarísticas de Ulrich Zwingli e rompeu cos luteranos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. É o autor do castelo de Lunéville (1703-1706), de estilo clásico. Rematou a Catedral de Nancy (1742), iniciada polo seu mestre Jules Hardouin-Mansart. Na igrexa de Saint-Jacques de Lunéville (1730-1749), aproximouse ao Barroco alemán. Construíu diversos hôtels parisienses, como o Amelot (1710-1712) ou o Torcy (1714). Foi un dos creadores da ornamentación rococó: interior do hôtel Soubise (1735-1740), hoxe sede dos arquivos nacionais. Traballou para o duque de Lorena (châuteau de Lunéville, 1702 e 1706) e para o elector de Baviera. Publicou Livre d’architecture contenant les principes généraux de cet art (Libro de arquitectura que contén os principios xerais desta arte, 1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo ucraíno. Foi profesor de Fisiopatoloxía nas universidades de Kiev e Saratov, e presidente da Academia de Ciencias de Ucraína. É autor de traballos para retardar o envellecemento, tratar úlceras e fracturas mediante un soro citotóxico antirreticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do litoral noroccidental da península da Coruña (concello da Coruña), situado fronte á Furna dos Touciños e a Torre de Hércules. Ao seu SL ten un farallón que recibe o nome do Boi Pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico inglés. Deseñou o IPCS (Image Photon Counting System), detector luminoso baseado na amplificación e na acumulación dos fotóns luminosos recibidos dende fontes moi febles (cámara de conta de fotóns), cos quasares afastados, que estudiou xunto con Wallance Sargent. Participou no deseño de satélites científicos e astronómicos. A partir de 1981 dirixiu o Royal Greenwich Observatory.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Influído por Rembrandt, decantouse despois cara á arte de van der Helst. Foi un bo retratista e entre as súas obras figuran Os catro rexentes do hospicio de leprosos de Amsterdam (1668) e un retrato de Elisabeth Bas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dunha sociedade científica formada por xesuítas belgas que desde 1643 se dedicou á publicación da Acta Sanctorum e que leva o nome do seu iniciador, o xesuíta flamengo Jean Bolland (1596 - 1665), iniciador da publicación de documentos haxiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín bilingüe editado cada semestre en La Habana, dende 1946 ata 1958. Gabriel Míguez Deus foi o director e redactor, aínda que ás veces contou coa colaboración do asociado Manuel Roldán. Esta publicación realizaba a función de órgano da Unión Mugardesa de La Habana e, como tal, estaba centrada nas actividades desta entidade: festas, vodas, falecementos, notas históricas de Mugardos, crónicas dos pescadores, relatos en castelán con intercalacións en galego, cantigas da comarca, etc. Á marxe destas composicións populares descoñécese a existencia doutras colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia nacionalista aparecida na década dos anos vinte, editada cada mes. Colaboraron nela varios intelectuais galegos, entre eles, Vicente Risco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu en Ourense, en abril de 1922. Na portada do primeiro número “O conselleiro supremo”, Vicente Risco expuña as bases da organización nacionalista, tamén mencionaba as entidades que prestaron a súa ratificación a todos os acordos da IV Asambreia Nazonalista: a Irmandade da Fala do Ferrol, Mocedade Galeguista d’Ourense, Irmandade Céltiga de Madrid, Grupo Nazonalista de Bayona, Irmandade da Fala de Santiago e Mocedade Galeguista de Vigo. Todas estas entidades constituíronse en delegacións da Irmandade Nazonalista galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo e político. Catedrático da Universidad de Madrid ata 1939. Foi membro do padroado da Universitat Autònoma de Barcelona (1933), en representación do goberno da República e secretario da Presidencia da República Española entre os anos 1936-1939. Marchou exiliado a México, onde exerceu como profesor no Instituto Politécnico Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO