Boletín de Propaganda de la Sociedad “Unión Mugardesa”

Boletín de Propaganda de la Sociedad “Unión Mugardesa”
[PUBLIC]

Boletín bilingüe editado cada semestre en La Habana, dende 1946 ata 1958. Gabriel Míguez Deus foi o director e redactor, aínda que ás veces contou coa colaboración do asociado Manuel Roldán. Esta publicación realizaba a función de órgano da Unión Mugardesa de La Habana e, como tal, estaba centrada nas actividades desta entidade: festas, vodas, falecementos, notas históricas de Mugardos, crónicas dos pescadores, relatos en castelán con intercalacións en galego, cantigas da comarca, etc. Á marxe destas composicións populares descoñécese a existencia doutras colaboracións literarias.