Boletín de Noticias

Boletín de Noticias
[PUBLIC]

Boletín de tendencia liberal aparecido por primeira vez na Coruña en 1838; cesou a finais de 1841. Ten dúas épocas, na primeira o editor era Iguereta. Saía dúas veces á semana e publicaba noticias do país e estranxeiras. A segunda época iniciouse o 1 de xaneiro de 1842 para rematar a finais de decembro de 1843. Nesta etapa tiña periodicidade diaria (días laborais), contiña noticias políticas, disposicións legais, movemento mercantil, asuntos locais, sucesos nacionais e internacionais, decretos, ordes e circulares máis sobresaíntes do Goberno, extracto das sesións de Cortes, noticias populares e artigos curiosos e instrutivos. Probablemente figuraba tamén como redactor Sebastián Iguereta.