Boletín de Vanguardia Pedagógica

Boletín de Vanguardia Pedagógica

Publicación mensual aparecida na Coruña en abril de 1935 e que desapareceu en xullo de 1936 (só se publicaron oito números). Francisco Díaz Sánchez, mestre na escola de Iñás, foi un dos seus impulsores. Nel tamén colaboraron, entre outros, Xosé Toba Fernández, Manuel Díaz Rozas e Xosé Peinado Altabre. Foi o órgano de prensa da Sociedad de Renovación Pedagógica Vanguardia Pedagógica (1934). Nas súas páxinas recollíanse artigos de opinión, de información e orientación pedagóxica, e referencias á dinámica educativa na provincia da Coruña e á política educativa republicana.