"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Químico e mineraloxista, asinaba as súa obras como Laureano. Logo de estudar farmacia na Universidad de Madrid, o 28 de maio de 1874 foi nomeado catedrático de Farmacia Químico-Orgánica na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi discípulo de Giner de los Ríos e un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza. En Santiago de Compostela, xunto con Augusto González Linares, constituíu a cerna do grupo krausista na universidade. En 1875 foi apartado da cátedra como consecuencia da defensa que realizou da evolución e da divulgación das teorías evolutivas na cidade de Santiago de Compostela. Ao negarse a cumprir o decreto do ministro Orovio e defender a liberdade de cátedra, foi encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña. Unha vez liberado emigrou a París e despois a Estrasburgo, onde seguiu os cursos dos químicos Berthelot, Claude Barnard Groth e Hope-Seyler. En 1881, coa derrogación da circular de Orovio, Laureano volveu a España e, no 1888, ocupou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Masa moi fina, en estado líquido, de cal e xeso que se emprega para branquear ou obter baleirados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de calear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pintar con cal as paredes.
-
-
Limpar as herbas que hai no rego.
-
Encher ou tapar o suco con terra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bailar’.
-
PERSOEIRO
Poeta bretón. A súa poesía, de carácter místico-relixioso ou patriótico, está recollida no volume Ar en deulin (De xeonllos, 1921), que tivo unha grande influencia na poesía bretoa posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Respirar fatigadamente cunha frecuencia superior á normal por mor da calor, dun esforzo, dunha doenza, etc.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo, poeta e actor. Deixou seis comedias que oscilan entre o realismo e o clasicismo, nas que empregou dialectos diferentes. Destacan os títulos La spagnola (A española, 1549) e Saltuzza (1551), entre outros. Escribiu tamén poesía en dialecto veneciano como Egloghe pastorili (Églogas pastorís, 1553) ou Bizarre, feconde et ingegnose rime piscatorie (Bizarra, fecunda e enxeñosa rima piscatoria, 1556).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tornarse calvo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos mariños de cuncha cónica moi plana, de cor clara, de ata 15 mm de diámetro. En Galicia vive a especie C. chinensis sobre pedras e na parte interna da cuncha dos bivalvos mortos.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi membro do Consello de Lexislación (1793) e ministro de Xustiza (1799) do Directorio tralo golpe de estado de Sieyès. Napoleón Bonaparte nomeouno segundo cónsul (1799), arquichanceler do Imperio (1804) e duque de Parma. Presidiu o Senado e o Consello de Estado en ausencia de Napoleón. Foi un dos redactores do Código Civil francés (1801-1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Moverse alguén ou algo dun lado a outro coma se fose caer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ía de comunicación entre Madrid e A Coruña construída a finais do s XVII.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. En 1954 a UNESCO encargoulle a misión de reformar o ensino en Colombia. É autor de diversas obras de teatro, como Trencavel e Le sol commande (O chan manda), e da novela Jep le Catalan (1928, Premio Cercle Littéraire Français), na que denunciou a ditadura de Primo de Rivera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro chicano fundada por Luís Váldez nos EE UU en 1965, como grupo de apoio ás folgas dos traballadores agrícolas. Un dos seus primeiros espectáculos, Las dos caras del patroncito, estreado en 1965, amosaba a súa orientación comunitaria e reivindicativa, tradición que continuarían con novas propostas de traballos de investigación arredor da cultura precolombina como El baile de los gigantes, baseado no libro maia Popol Vuh.
-
PERSOEIRO
Escritor. Dirixiu a publicación La ilustración española y americana. Compuxo romances históricos, odas e outros poemas de influencia romántica e clasicista, que reuniu nos volumes Poesías (1858) e Nuevas poesías (1867). Ademais publicou as narracións costumistas Una docena de cuentos (1878), Nuevos cuentos (1881) e Cuentos y sucedidos (1893), este último en colaboración con Javier de Burgos, e varios manuais de retórica, entre eles, Retórica y poética (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, na comarca de La Alcarria, ao SL da cidade de Madrid (2.548 h [1996]). O tipo de agricultura principal é a de secaño, coa produción de cereais e oliveiras. En gandería destaca a cría de gando ovino. A economía compleméntase coa existencia de canteiras e cunha recoñecida artesanía cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos apterigotos, da orde dos dipluros, de corpo alongado, de ata 10 mm de lonxitude, de cor branca e abdome acabado nun par de cercos, que viven debaixo das pedras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kampuchea.