Campo Real

Campo Real

Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, na comarca de La Alcarria, ao SL da cidade de Madrid (2.548 h [1996]). O tipo de agricultura principal é a de secaño, coa produción de cereais e oliveiras. En gandería destaca a cría de gando ovino. A economía compleméntase coa existencia de canteiras e cunha recoñecida artesanía cerámica.