"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Cantante e compositor. Ten máis de 450 cancións rexistradas como compositor, das que destacan “Marinero de Luces”, “Por qué te vas”, “Y cómo es él?”, “Un velero llamado Libertad” ou “Amor sin límites”. Da súa discografía cómpre salientar Que canten los niños (1986), Gente maravillosa (1993) e Personalidad (2002). Recibiu máis de 100 discos de ouro e platino e un Premio Amigo (2001) pola súa traxectoria artística.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Residiu en Santander, aspecto que condicionou a súa obra. Deputado carlista en 1873, comezou a súa andaina literaria coa elaboración de breves cadros de costumes, como en Escenas montañesas (1864) e Tipos y paisajes (1871). Da súa obra, encadrada dentro da novela rexional e centrada na paisaxe e o ambiente da súa terra, destaca El sabor de la tierruca (1882), Sotileza (1885) e Peñas arriba (1894). Foi elixido membro da Real Academia Española (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e narrador portugués. Coñecido como José Régio, foi un dos fundadores da revista Presença. A súa poesía, como As encruzilhadas de Deus (1936), O filho do Homem (1961) e Música Breve (1970), achégase á temática de Kierkegaard. Autor da novela Jogo da cabra cega (1934), obra capital da narrativa portuguesa contemporánea, posteriormente publicou a suma novelesca A velha casa (1945-1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Vigo e subdirector xeral de urbanismo da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (COTOP). Das súas obras destacan os proxectos do hotel Palacio del Carmen en Santiago de Compostela e do mosteiro das beneditinas de Trasmañó en Redondela. Publicou Desarrollo y deterioro urbano de la ciudad de Vigo (1981), A Casa da Troia (1995) e Rincones de Compostela: la obra de Manuel Pereiro Caeiro (1996). A súa conversión dunha antiga fábrica de curtidos nun conxunto de vivendas en Santiago de Compostela recibiu o Premio Europa Nostra (1994); ademais foi galardoado co Primeiro Premio do COAG (1992) e o Premio Irmáns Gómez Román (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1975), centrou a súa investigación nos temas gandeiros. Da súa produción destacan La Lanzada a principios del s XVIII. Población y economía (1975), Un Modelo de sociedad rural de antiguo régimen en la Galicia costera: la península del Salnés: (Jurisdición de La Lanzada) (1979) e Un Modelo social leonés en crecimiento: la Vega Baja del Esla entre 1700 y 1850 (1998). Membro da Societé de Demographie Historique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Perezgil, destacou como debuxante e paisaxista e inspirouse na figura de Mayakowsky. Evolucionou desde o impresionismo cara a unha maior liberdade expresiva dentro do campo da figuración. Pintou Caletas y carro en la era e Kiosko de flores (1968), e escribiu Bestiario. Recibiu o Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e debuxante. Coñecido como Peridis, colaborou en diversas publicacións periódicas como o diario Informaciones, a revista Cuadernos para el Diálogo e o xornal El País. Director e presentador do programa Las claves del Románico para TVE, no eido arquitectónico realizou a restauración e rehabilitación do mosteiro de Santa María La Real en Aguilar de Campoó, do mosteiro de San Benito en Valladolid, do Teatro Principal de Burgos e da Biblioteca Pública do Alcázar de Toledo. Autor de Los animalillos políticos de Peridis (1977), Del golpe al cambio (1982) e Peridis 1995-2004 (2004), recibiu o Premio Mingote de Humor (1983), o Premio Europa Nostra (1988) pola conservación do patrimonio histórico-artístico e a Medalla al Mérito de las Bellas Artes (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Coñecido como José Villamil, doutorouse en 1931 en Medicina coa tese “Tratamiento Piretoterapia no malárica de las esquizofrenias”. En 1927 entrou a traballar en Conxo, onde estivo ata 1932, e axudou a introducir técnicas innovadoras, ademais de colaborar na elaboración do regulamento dunha asociación de empregados do Manicomio de Conxo, que incluía tanto a médicos como a monxas. Realizou diversas estadías no estranxeiro, feito que lle permitiu ter unha visión máis crítica sobre o estado da asistencia psiquiátrica en España. Formou novos psiquiatras, xunto aos doutores Martínez Díaz e Villarino Pérez. Membro da Asociación Española de Neuropsiquiatría desde 1927, en 1939 abriu a clínica privada Sanatorio Psiquiátrico San José, en Vigo. Nese mesmo ano obtivo a cátedra de Medicina Legal na Universidade de Santiago de Compostela, que conservou ata a súa xubilación en 1971. Destacan as súas obras Manual de psiquiatría (1941) e Fisiopatología detersiva. Psicopatología...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Dirixiu as obras dos camiños do Reino de Galicia e León e contribuíu á reforma urbanística de Santiago de Compostela. Realizou parte do edificio da Universidade de Santiago de Compostela, as aulas e a biblioteca (1775-1782), xunto con Alberte Ricoy e Xoán López Freire, sobre un deseño de Miguel Ferro Caaveiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e xornalista. Dirixiu os xornais La Gaceta Oficial, Eco de la Opinión e El porvenir. Partidario da reforma educativa no seu país, foi o máximo representante do romanticismo poético dominicano e unha figura destacada do movemento indixenista latinoamericano coa súa poesía patriótica. Da súa produción destacan Contornos y relieves (1875), Fantasías indígenas (1877) e La lira de José Joaquín Pérez (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Catedrático emérito de Historia Moderna na Université de Bordeaux III, especializouse no nacemento e formación do Estado español moderno e na formación das nacións latinoamericanas. Foi director da Casa Velázquez de Madrid (1989-1996). Das súas obras destacan La Révolution des Comunidades de Castille (1520-1521) (1970), Isabelle et Ferdinand, Rois Catholiques d’Espagne (1988), Charles Quint, empereur des deux mondes (1994), L’Espagne du XVIe siècle (1998), L’Espagne de Philippe II (1999) e L’Inquisition espagnole (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Botánico. Profesor de botánica na Universidad Complutense de Madrid, estudou a vexetación mariña bentónica das costas europeas norteatlánticas. Colaborou nos Anales del Instituto Botánico A. J. Cavanilles e foi vicedirector da revista científica Lazaroc. Escribiu Estudio florístico y ecológico de las algas bentónicas del noroeste de España [...] (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi un dos ponentes da Constitución de 1978, deputado nas Cortes por UCD (1977-1982) e ministro da Presidencia (1979-1980). Ademais, exerceu como membro do Tribunal de Arbitraxe da Cámara de Comercio Internacional de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar estadounidense. Loitou contra os indios, contra os españois en Cuba (1898) e contra os nacionalistas filipinos (1898-1903). Dirixiu a intervención estadounidense na Revolución Mexicana (1916-1917) e en 1917 foi nomeado comandante en xefe das forzas estadounidenses na Primeira Guerra Mundial. Obtivo o Premio Pulitzer por My Experiences in the World War (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Joe Pesci, debutou na gran pantalla con The Death Collector (1976). Nominado aos Oscar por Raging Bull (1980), de M. Scorsese, participou tamén en Goodfellas (1990), pola que gañou un Oscar, JFK (1991), My Cousin Vinny (1992), Casino (1995) e na saga Lethal Weapon (1989, 1992 e 1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. A súa obra, editada maioritariamente en castelán, destaca polo tratamento que realiza dos temas galegos. Colaborador de diversas publicacións periódicas coas súas narracións, é autor de Portoceo (1983), Las gemelas de Fornelos (1984), La taberna de Bergantiños (1986), Una dama de altos vuelos (1987), Contos e lembranzas (1987), en que aparecen diversos personaxes galegos, tratados con realismo e humor; Amalia la del 288 (1989), Un berro no silencio da noite (1993) e La historia de Alí (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou case sempre asociado con Charles de Wailly (1730-1798), con quen proxectou a nova sala do Théâtre Français en París (1778-1782), o actual Théâtre de l’Odéon. Promoveu a volta á Antigüidade e escribiu Oeuvres d’architecture. O seu fillo, Antoine Peyre (París 1770-1843), realizou o Théâtre de la Gaîté de París (1800).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor, primeiro marqués de Pidal. Liberal, foi ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1844-1846), da Gobernación (1846-1847), do Estado (1849-1851) e de Estado e Ultramar (1856-1857). Escribiu varios estudos sobre literatura castelá medieval, como El cancionero de Juan Alfonso de Baena (siglo XV) (1851), en colaboración con Eugenio de Ochoa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Realizou os estudos universitarios en Friburgo, Berlín e Bonn, onde tivo como mestre a W. Meyer-Lübke. De 1938 a 1953 foi catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Coimbra e de 1953 a 1968 da Universidade de Colonia. A partir de 1968 dedicouse por completo ao seu labor investigador no campo da romanística. Desde a presentación da súa tese de doutoramento sobre a fala de Courtisols (Die Mundart von Courtisols bei Châlons, 1929), estendeu o seu interese á investigación lingüística de Occidente, comezando así a serie de traballos sobre problemas lingüísticos e etimolóxicos do galego, do portugués e do resto da Península Ibérica. No campo da etimoloxía escribiu varios artigos en que examinaba e ampliaba o Romanisches etymologisches Wöterbuch (1911-1920), de Meyer-Lübke, intentou buscar a orixe de moitas palabras portuguesas e galegas (Miscelânea de etimologia portuguesa e galega, 1953) e estudou as características e fontes do léxico galego. En 1933 comezou a publicar no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Iniciou o censo da poboación española en América e escribiu Tratado elemental de estadística (1873) e Tratado de hacienda pública y examen de la española (1900).
VER O DETALLE DO TERMO