Pérez López-Villamil, José
Médico. Coñecido como José Villamil, doutorouse en 1931 en Medicina coa tese “Tratamiento Piretoterapia no malárica de las esquizofrenias”. En 1927 entrou a traballar en Conxo, onde estivo ata 1932, e axudou a introducir técnicas innovadoras, ademais de colaborar na elaboración do regulamento dunha asociación de empregados do Manicomio de Conxo, que incluía tanto a médicos como a monxas. Realizou diversas estadías no estranxeiro, feito que lle permitiu ter unha visión máis crítica sobre o estado da asistencia psiquiátrica en España. Formou novos psiquiatras, xunto aos doutores Martínez Díaz e Villarino Pérez. Membro da Asociación Española de Neuropsiquiatría desde 1927, en 1939 abriu a clínica privada Sanatorio Psiquiátrico San José, en Vigo. Nese mesmo ano obtivo a cátedra de Medicina Legal na Universidade de Santiago de Compostela, que conservou ata a súa xubilación en 1971. Destacan as súas obras Manual de psiquiatría (1941) e Fisiopatología detersiva. Psicopatología de la duda (1954).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Figueras, Asturias -
Deceso
Lugar : Vigo