"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Eisenberg, Saxonia 4.5.1781 - Múnic 27.9. 1832) Filósofo. Estudiou na Universidade de Jena cando estaban como profesores I. H. von Fichte e F. W. J. von Schelling. En 1831 trasladouse a Múnic. A filosofía de Krause, con seguidores en Bélxica, Países Baixos e, sobre todo, España, aspiraba a ser a verdadeira continuadora da filosofía kantiana, que el consideraba que fora mal interpretada por Fichte, Schelling e G. W. F. Hegel. O seu sistema, chamado panenteísmo, non identifica o mundo e Deus, senón que afirma a realidade do mundo-en-Deus e presenta a historia como a ascensión racional do home a Deus e como o descenso de Deus ao home. A súa metafísica aplicouse á ética e á filosofía do dereito e rexeitou a visión hegeliana do estado. A súa obra abrangue un amplo abano de disciplinas e problemas filosóficos, destacan Das Urbild der Menschheit (O ideal da humanidade, 1811), Entwurf des Systems der Philosophie (Esbozo do sistema de filosofía, 1804) e Reine allgemeine...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Zagreb 1893 - 1981) Escritor croata. Vicepresidente da Academia Iugoslava de Ciencia e Arte, director do Instituto Croata de Lexicografía e director da Unión Iugoslava de Escritores, da súa obra cómpre salientar a triloxía dramática Glembajevi (A familia Glembaj, 1932), a novela Povratak Filipa Latinovića (O retorno de Filipe Latinovic, 1960), e as escolmas de relatos Hrvatski bog Mars (O deus croata Marte, 1922) e Balade Petrice Kerempuha (Baladas a Petrica Kerempuh, 1936).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Hannover 1915) Poeta alemán. Na súa obra compenétranse a tradición alemá da poesía da natureza e o simbolismo e surrealismo europeos. Despois da publicación de numerosos poemarios, en 1965 publicou os seus Gesammelte Gedichte (Poemas reunidos), e en 1975, un segundo volume cos poemas escritos entre 1962 e 1974. Cultivou tamén o ensaio poético en Schattengefecht (Pugna coa sombra, 1964) e a reflexión en Observationen (1986).
-
PERSOEIRO
Xeodesista e naturalista. En 1753 dirixiu unha expedición científica a Perú para determinar a lonxitude dun arco de meridiano. Tamén fixo viaxes de estudo ao longo das costas africanas e asiáticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Proxectou a decoración de Saint-Louis-des-Invalides e na cúpula pintou San Luís entregando a súa coroa e a súa espada a Cristo (1705). En Versailles decorou o Salón de Diana co Sacrificio de Ifixenia e o Salón de Apolo con A alborada. Realizou obras de pequeno formato coa técnica do claroscuro, como Moisés salvado das augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Destacou polas súas achegas metodolóxicas á crítica textual e polo coidado de diversas edicións de autores. Das súas obras destaca Betrachtungen über Homers Ilias (1837 e 1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e escritor francés. Ao servizo do duque de Orléans, pertenceu ao Club dos Xacobinos. Libretista de ópera, é autor de poemas galantes, do proxecto de tratado De l’éducation des femmes, e de Les liaisons dangereuses (1782), novela epistolar na que, con cinismo aparente, critica a conduta da nobreza rica, perversa e ociosa de finais do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Charles La Fosse.
-
PERSOEIRO
Modisto alemán. Trasladouse a París e en 1955 gañou, xunto con Yves Saint Laurent, o primeiro premio do concurso do Secretariado Internacional da La. Nas súas creacións apostou polo relevo da alta costura en favor do prêt-à-porter. Traballou con Pierre Balmain e Jean Patou, e en 1975 creou a súa propia compañía, Parfums Lagerfeld. Posteriormente, incorporouse á Casa Chanel e iniciou a súa propia liña de moda (1984). Recibiu o Golden Thimble Award en 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora sueca. A súa obra, de inspiración romántica, nútrese dun pouso de tradición, tecido de realismo e fantasía, e impregnado dun resultado de moralismo, como en A saga de Gösta Berling (1891). Destaca a súa novela Nils Holgersson underbara resa genom Sverige (A viaxe fabulosa de Nils Holgersson por Suecia, 1906-1907). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1909.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e crítico. Como poeta publicou varias obras coa súa irmá Mary Ann, entre as que destaca unha versión da Odisea. Destacou como crítico do London Magazine, co pseudónimo de Elia. Recompilou un primeiro volume en 1823, e unha segunda serie co título The Last Essays of Elia (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra e violinista francés. En 1881 fundou a asociación Les Nouveaux Concerts, chamada posteriormente Concerts Lamoureux, que se converteu nun dos elementos máis destacados da vida musical de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador alemán. Contribuíu de forma polémica á teoría da historia da civilización da escola alemana, formulando a importancia dos grupos económicos e dos movementos de masas na historia social, e defendendo unha visión de síntese filosófica e psicolóxica para cada período histórico. Escribiu Deutsche Geschiche (Historia alemana, 1891-1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, bacteriólogo e fisiólogo. Estudiou no Instituto de Patoloxía da Universidade de Viena, onde foi mestre, pasando despois ao Hospital da Haia e finalmente ao Instituto Rockefeller de Nova York. O seu descubrimento principal foi o dos grupos sanguíneos en 1902. Máis tarde, en 1940, descubriu, xunto con A. S. Wiener, o factor Rh, que pode evitar defectos xenéticos. Estes descubrimentos permitiron comprobar a compatibilidade sanguínea convertendo as transfusións de sangue en procesos seguros, e revolucionou a medicina forense polo carácter hereditario dos grupos sanguíneos permitindo demostrar de forma científica a imposibilidade da paternidade. Entre as súas obras destaca The spicificity of serological reactions (1936). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1930 polo descubrimento dos grupos sanguíneos e das reaccións producidas entre eles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. En Italia recibiu a influencia de A. Palladio. Introduciu a arquitectura neoclásica en Berlín. Entre as súas obras destacan o teatro de Charlottenburg e a porta de Brandenburgo de Berlín (1788 -1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político flamengo. Vicerrei de Nápoles (1522-1524), participou na campaña de Lombardia e na batalla de Pavia (1525). Despois da captura de Francisco I de Francia, conduciuno prisioneiro a Madrid. Conseguiu a sinatura do Tratado de Madrid (1526) pero, trala volta das hostilidades da Liga de Cognac, foi vencido polas tropas pontificias e asinou unha tregua co Papa Clemente VII (1527), pero o condestable de Borbón non respectou a tregua e continuou a súa marcha sobre Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor estadounidense. De orixe inglesa, utilizou a súa grande humanidade para matizar personaxes despóticos e repulsivos (Moutiny on the Bounty, 1935; The Hunchback of Notre-Dame, 1939), humorísticos (Ruggles of the Red Gap, 1934; Hobson’s Choice, 1954; Witness for the prosecution, 1957), ou as dúas cousas á vez (The Private Live of Henry VIII, 1933). En 1955 dirixiu The Night of the Hunter.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi director do Instituto Pasteur de París, onde fundou o Laboratorio de Enfermidades Tropicais. Descubriu o axente causal do paludismo e estudiou tamén outras enfermidades tropicais. Escribiu Traité des fièvres palustres avec la description des microbes du paludisme (1884) e Trypanosomes et trypanosomiasis (1904). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1907 polos seus estudios sobre as enfermidades parasitarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico francés. Foi bispo de Nancy (1863), arcebispo de Alxer (1867), cardeal (1882) e primado de África (1884). Para gañar a amizade do pobo musulmán fundou os Pais Brancos (1868) e os Irmáns Misioneiros da Nai de Deus de África (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Distinguiuse polos seus coñecementos de física nuclear, física biolóxica e física médica. Tivo un papel importante na fabricación da bomba atómica. Foi un dos inventores do ciclotrón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO