"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

    1. Que ten grande importancia.

    2. Que é moi abundante ou de grandes proporcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de enorme.

    2. Acción ou dito desatinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á vaca que dá leite aínda despois de separala da cría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cómico grego. Foi amigo doutros autores gregos destacados, como Simónides, Baquílides, Píndaro e Esquilo. Das súas obras, escritas en grego dórico, quedan múltiples fragmentos. Foi, xunto con Pratinas, un dos maiores cultivadores da comedia, xénero que contribuíu a desenvolver na súa dimensión formal e temática. A súa obra, recollida no seu tempo en dez tomos, recreaba tanto temas míticos propios da tradición clásica e heroica, moitas veces desde unha perpectiva paródica e satírica como en Ulises náufrago ou en Ulises desertor, como asuntos populares e máis contemporáneos, entre os que tamén destacan os textos escritos para os espectáculos presentados por mimos. Nas súas pezas aparecen figuras e tipos que se fixeron moi célebres na creación dramática posterior, particularmente na comedia latina e na Commedia dell’arte, como fanfurriñeiros, borrachos, vellos verdes, aduladores ou cornudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa exterior da pel, de orixe ectodérmica, non vascular, situada enriba da derme, que recobre toda a superficie do organismo. A epiderme nos invertebrados xeralmente só ten un estracto de células. Nos vertebrados é a capa máis delgada da pel. Consta de dúas zonas, unha máis externa, o estrato córneo, formada por células inertes, endurecidas con queratina e con función protectora, e unha zona máis interna, en contacto coa derme, formada por células vivas que dividen e renovan o estracto córneo. Tamén dá orixe a varias estruturas especializadas, coma as escamas nos réptiles, as plumas nas aves ou os pelos nos mamíferos. No corpo humano, a epiderme consta de cinco capas, a basal ou xerminativa, situada enriba da derme, formada por células cunha intensa actividade mitótica e por células produtoras de melanina; a espiñosa, formada por células que sintetizan queratina; a granulosa, formada por células aplanadas con granulacións; a lúcida, formada por células brancas e córnea; e a capa máis externa,...

    2. Tecido adulto primario que recobre o corpo das plantas, separándoas do medio externo. Provista normalmente de estomas e de pelos, está formada por células sen clorofila, recubertas por cutina, que a fai impermeable. A súa función é protexer a planta das agresións externas e evitar a perda excesiva de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á epiderme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no desprendemento mecánico da epiderme, que dá lugar á aparición de erosións e vesículas provocadas por traumatismos mínimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta da semente que provén dos tegumentos do primordio seminal. Pode ser fino ou groso, e liso ou con cristas, sucos, alas, pelos e outro tipo de estruturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao episperma.

    2. Que está sobre a semente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás veas e depósitos minerais formados por augas quentes de pouca profundidade e temperatura (entre 50°C e 200°C).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos equinodermos.

    2. Deuteróstomo do filo dos equinodermos.

    3. Filo de animais mariños, principalmente bentónicos, de endoesqueleto de simetría radial ou bilateral -ás mais das especies con cinco partes ou raios iguais- calcario espiñento e formado por placas. Presentan un sistema acuífero, consistente nunha serie de vasos internos cheos de líquido -que penetra a través da placa madrepórica situada na parte dorsal do animal- e que serve para as funcións locomotora, adhesiva, alimentaria, sensorial e respiratoria. Teñen un sistema nervioso sinxelo formado por un anel ao redor da boca e nervios radiais, e non presenta nin cabeza nin cerebro. Tamén posúen series de pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, e pedicelarios que cumpren a súa función na limpeza, e incluso na defensa, inxectando nalgúns casos veleno. O principal sistema de defensa dos equinodermos constitúeno as espiñas, que nalgúns casos poden resultar velenosas e tóxicas. Tamén poden presentar autotomía e desprenderse dunha parte do seu corpo, como un brazo, ou no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi secretario de Carlos I e, como notario maior, autorizou a súa renuncia en Flandres en favor de Filipe II (1555). Foi secretario dos consellos de Indias e da Inquisición con Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • eritromelalxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea caracterizada principalmente por un eritema ou arrubiamento universal, é dicir, en toda a superficie cutánea. Pode representar unha enfermidade por ela mesma, de causa descoñecida, ou ben pode resultar un estado evolutivo de diversas dermatoses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar ermo un lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rois. A primitiva igrexa, de orixe románica, estivo situada en Augasantas e no 1719 construíuse a nova no lugar de Sabucedo. Ten planta de cruz latina. Na fachada principal destaca a fornela coa imaxe de san Martiño de Tours e a portada enmarcada polas imaxes de san Pedro e san Paulo. A espadana de dous vans construíuse en 1769.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de orixe xermánica, procedente dun Irminlind ou Erminlind ‘escudo do poderoso; escudo do deus Tiwaz’ (composto de irmin ou airmans ‘grande, poderoso’ e lind ou linta ‘tileiro’), xa documentado no s VII. Presenta as variantes gráficas Hermelindo/Hermelinda. Santa Ermelinda de Meldert (s VI) foi unha virxe anacoreta da zona de Brabante (Malinas-Bélxica). A súa festividade celébrase o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bueu baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO