"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Moçambique (129.056 km2; 756.287 h [1997]). A súa capital é Lichinga (85.758 h [1997]).
-
PERSOEIRO
Escultor francés. Artista oficial, foi profesor na École des Beaux-Arts de París. Cultivou o tema campestre e a escultura monumental e realista (L. Pasteur, P. Valéry). Recibiu a medalla de ouro da Exposition Universelle (1921) e La Legion d’Honneur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1103 -1134), derradeiro fillo de Svend Estridsen e sucesor do seu irmán Eric I. O seu reinado caracterizouse polo aumento dos privilexios da coroa e polas loitas dos pretendentes ao trono.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa automobilística xaponesa, que se creou en 1933. O seu domicilio social está en Yokohama e as súas oficinas centrais en Toquio. Os seus vehículos levaron a marca Datsun ata 1981 e nos últimos anos aumentou a súa presenza internacional, especialmente en América e Europa. En 1999 Renault e Nissan asinaron un acordo estratéxico que lle permitiu á marca nipona superar unha crise financeira.
-
PERSOEIRO
Teólogo laico ortodoxo. Foi observador do Consello Ecuménico das Igrexas no Concilio Vaticano II (1963-1964). Foi director adxunto (1958-1966) e director (1966-1974) do Instituto Ecuménico de Bossey, e moderou a Comisión Fe e Constitución do Consello Ecuménico. Escribiu numerosas obras sobre relixión e teoloxía ortodoxa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cromatina descrita nas neuronas que se atopa no citoplasma.
-
PERSOEIRO
Escultor. Formado na Llotja e con Agapit Vallmitjana, deuse a coñecer con Segle XIX (1871), máis coñecida como Toreto ferit. Fixo numerosas obras detallistas de terra cocida (Pagesos catalans) e retratos (Elisa Masriera, Marià Fortuny). Realizou, en Barcelona, a Quadriga (1882?) da fervenza do Parc de la Ciutadella, o monumento a Güell i Ferrer (1888) e o monumento a Rafael Casanova. Cultivou tamén a ourivaría e a acuarela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano estadounidense. Debutou en 1969 en Berlín co Tannhäuser de Wagner. Destacou tanto na ópera (Verdi, Haydn, Mozart), como no lied (Malher, Schubert), no oratorio, na música relixiosa e na electrónica (Mythodea, con Vangelis, 2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista estadounidense. Partiu da teoría económica e dos métodos cuantitativos para explicar os cambios sociais e económicos. Recibiu o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1993), polos seus estudos da evolución histórica aplicando unha tecnoloxía económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Belém.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Perseguido polos nazis, caracterizouse por un estilo lacónico e preciso, que leva ao lector dos feitos ao irreal. Publicou Interview mit dem Tode (Entrevista coa morte, 1948), Spirale (Espirais, 1956) e Pseudoautobiographische Glossen (Glosario pseudoautobiográfico, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador habitual en revistas de crítica literaria como Nouvelles littéraires (1960-1970) ou Point (1972), é autor das novelas L’eau grise (1951), Un petit bourgeois (1964), L’empire des nuages (1981) e Prince des Berlingots (2003), e dos ensaios Lorca (1995) e Le musée de L’homme (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Rostov, Rusia, situada á beira do Aksaj (188.000 h [1997]). Foi fundada en 1805 e durante a década de 1950 converteuse nun importante centro industrial con fabricación de locomotoras diesel, tornos, e equipos para a industria mineira e petroleira.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do kraj de Krasnodar, Rusia (204.000 h [1997]). Porto do Mar Negro, na baía de Cemesk. É un centro importante da industria do cemento, onde a primeira fábrica foi construída en 1882. Foi fundada en 1838 como fortaleza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente sen dimensións que se emprega nos cálculos termodinámicos dun fluído sometido a convección forzada e que representa a relación entre a calor transferida e a condutividade térmica.
-
PERSOEIRO
Xenetista alemá. Doutorada en 1973 en Tübingen, traballou no European Molecular Biology Laboratory en Heidelberg e no Max-Planck-Institut für Entwicklungsbiologie Tübingen, do que foi directora (1985-1990). Foi galardoada en 1992 co Premio General Motors de investigación e recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1995), compartido con Edward B. Lewis e Eric F. Wieschaus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político demócrata norteamericano e actual presidente dos Estados Unidos de América. Graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de dereito de Harvard, antes de ser elixido senador no estado de Illinois en 1997, traballou como avogado de dereitos civís. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago dende o ano 1992 ata o 2004, cando presentou a candidatura ao Senado dos Estados Unidos. Entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008 foi senador polo estado de Illinois, posto ao que renunciou para adicarse á campaña presidencial. Tras unha campaña axustada nas eleccións primarias de 2008 contra Hillary Clinton, gañou a candidatura polo Partido Demócrata, converténdose no primeiro candidato afroamericano dun dos grandes partidos estadounidenses. Nas eleccións de novembro de 2008 converteuse no cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América derrotando ao candidato republicano John McCain e asumindo o cargo o 20 de xaneiro de 2009.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista alemán. Coñecido como Lorenz Oken, concibiu os organismos como resultado dunha evolución xurdida dunha masa indiferenciada, animada por un principio dinámico (galvanismo) coa luz como causa e soporte, que se fixa de diversas formas. É autor de Allgemeine Naturgeschichte (Historia xeral da natureza, 1833-1841), en trece volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fronteira entre Alemaña e Polonia determinada polas potencias aliadas ao final da Segunda Guerra Mundial, pola que se transferiu a Polonia unha extensa sección de territorio alemán. Rematada a guerra, o exército soviético ocupou todas as terras situadas ao L da liña do Oder-Neisse e a súa administración foi transferida ás autoridades do goberno provisional de Polonia. Este asunto converteuse nun dos temas principais da Guerra Fría en Europa, e non foi resolto ata que en 1970 a República Federal Alemá recoñeceu a liña do Oder-Neisse como a lexítima e inviolable fronteira con Polonia.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Ucraína (1.002.246 h [1999]). Está situada na beira do Mar Negro. O seu porto, o máis importante do Mar Negro, é a base dunha importante frota pesqueira. Hai estaleiros, industrias de conservas alimentarias, do vidro, de instrumentos fotográficos, metalúrxicas e mecánicas. Antiga colonia grega, denominada Odisos, foi sucesivamente ocupada e fortificada durante a Idade Media por tártaros, lituanos, polacos e turcos, que a denominaron Hadji-Bey. Como resultado da Primeira Guerra Ruso-turca pasou (1789) a poder dos rusos, que edificaron unha fortaleza e unha base naval (1792-1794) e que a denominaron Odessa (1795). Conserva edificios do s XIX, neoclásicos e con influencia renacentista. Destaca a escalinata que baixa cara ao porto, obra do arquitecto italiano F. Boffo, e que foi escenario do levantamento obreiro de 1905 e do motín da tripulación do acoirazado Pot’omkin.
VER O DETALLE DO TERMO