Obama, Barack Hussein

Obama, Barack Hussein

Político demócrata norteamericano e actual presidente dos Estados Unidos de América. Graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de dereito de Harvard, antes de ser elixido senador no estado de Illinois en 1997, traballou como avogado de dereitos civís. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago dende o ano 1992 ata o 2004, cando presentou a candidatura ao Senado dos Estados Unidos. Entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008 foi senador polo estado de Illinois, posto ao que renunciou para adicarse á campaña presidencial. Tras unha campaña axustada nas eleccións primarias de 2008 contra Hillary Clinton, gañou a candidatura polo Partido Demócrata, converténdose no primeiro candidato afroamericano dun dos grandes partidos estadounidenses. Nas eleccións de novembro de 2008 converteuse no cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América derrotando ao candidato republicano John McCain e asumindo o cargo o 20 de xaneiro de 2009.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Honolulu, Hawaii