"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PERSOEIRO
Política e escritora. Ocupou diversos cargos gobernamentais e en 1929 converteuse na primeira muller que foi conselleira de Estado. Foi tamén presidenta do Comité Nacional de Mujeres. Entre as súas publicacións destacan Rosario de prosa lírica e Oración maternal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de sala. Foi tesoureiro de Isabel I a Católica. Loitou nas guerras de Portugal e na de Granada e obtivo, ademais de numerosos cargos, diferentes señoríos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Foi embaixador de Filipe III en Venecia e mais en París (1609), onde gañou a confianza de Maria de Medici. Opúxose á política contraria aos Habsburgo de Enrique IV de Francia. Negociou os matrimonios de Filipe IV con Isabel de Borbón e de Luís XIII con Ana de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo do ex-presidente Lázaro Cárdenas. Graduado na Escola Nacional de Enxeñería en 1957, iniciou a súa carreira política no Partido Revolucionario Institucional (PRI), do que se separou en 1987 para presentarse ás eleccións presidenciais de 1988 pola Frente Democrático Nacional (FDN), coalición de centro-esquerda. En 1994 reorganizou o que pasou a denominarse Partido de la Revolución Democrática (PRD), co que se presentou ás eleccións, e nas que foi superado novamente pola candidatura do PRI. En xullo de 1997 presentouse a alcalde do departamento do Distrito Federal, cargo que obtivo e co que se convertería no primeiro político dun partido distinto ao PRI que conseguía un posto tan relevante desde 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Participou na Revolución Mexicana e foi partidario nun primeiro momento de Panchi Villa, para pasar despois ao constitucionalismo de Venustiano Carranza e Plutarco Elías Calles. En 1929 foi elixido presidente do Partido Revolucionario Nacional (PRN). Ocupou diversos ministerios desde 1931 a 1933 e foi Presidente da República entre 1934 e 1940. Impulsou a reforma agraria, secularizou o ensino, fortaleceu as organizacións sindicais, fomentou a industrialización do país e nacionalizou os monopolios petrolíferos. En 1938 reorganizou o PRN, transformado no Partido de la Revolución Mexicana e dividido en catro seccións: obreira, campesiña, popular e militar. Durante a Guerra Civil española apoiou a causa da República e acolleu en México os exiliados republicanos. Nos anos sesenta protagonizou un movemento de apoio ao réxime cubano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Dipsacus fullonum, Fam das dipsacáceas]
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, un cardo ao natural, coas súas alcachofas, arrimado de dúas flores de lis de sable; bordo de ouro, con cinco flores de lis de azul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘sardiña’.
-
PERSOEIRO
Pedagogo. Foi o fundador da Escuela Normal de Huesca e director da de Barcelona. En 1849 foi nomeado inspector xeral de instrución primaria e despois, ata 1868, xefe deste negociado no ministerio de Fomento. Desempeñou diversos cargos dende onde organizou, entre outros traballos, os servicios de estatística escolar, redactou os regulamentos (1850 e 1864) para o exame dos aspirantes ao maxisterio, aumentou o número de escolas públicas, creou as escolas normais de mestres, redactou un proxecto de Lei de Instrución Pública (practicamente reproducido en 1857), redactou o regulamento do colexio de xordomudos (1863) e un proxecto sobre escolas de adultos (1868). Foi un coñecedor directo da organización docente doutros países europeos e divulgador das correntes pedagóxicas do momento. Ademais foi redactor e director da Revista de Instrución Primaria (1849-1853) e dos Anales de Enseñanza (1858-1880) e, co seu colaborador Xoaquín Avendaño, publicou o periódico ilustrado La...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, arqueólogo e escritor. Discípulo de Maella e José Madrazo, viviu en Italia entre 1822 e 1831, onde adquiriu sona como retratista. A súa obra caracterízase por un neoclasicismo de carácter realista pero con elementos de sensibilidade romántica que plasmou en El príncipe de Anglona. Entre os seus escritos destacan Iconografía Española (1855-1864) e diversos artigos sobre Goya e en defensa do romanticismo. Foi membro da Academia de San Fernando e da Academia de Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e historiador da arte. Foi profesor na Universidade Laboral da Coruña. En 1974 defendeu a tese de licenciatura El arte relixioso en el valle de Veiga e doutorouse en 1990 coa tese El arte en el valle de Barcala. Siglos XVI al XX. Colaborou no xornal El Ideal Gallego e escribiu Luces y sombras del arte en As Mariñas dos Frades (1993), Santuarios marianos de Galicia: historia, arte y tradiciones (1995) e Rutis-Vilaboa: pasado, presente y futuro de una parroquia que cambia (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras científicas cos significados de ‘corazón’ ou ‘estómago’.
-
PERSOEIRO
Pintor e arquitecto manierista italiano. Coñecido como il Cigoli, a súa pintura, influída por Barocci e Correggio, é de temática basicamente relixiosa. Entre as súas obras salientan Deposición de la Cruz (1597) e Ecce Homo (1606). Como arquitecto traballou no patio do Palazzo Nonfinito de Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do estómago que establece a comunicación co esófago a través da unión gastroesofáxica.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao corazón.
-
ciclo cardíaco
Secuencia de sucesos que teñen lugar no corazón durante un latexo, que comprenden unha contracción (sístole) e unha dilatación (diástole) das paredes do corazón, asociadas á apertura e ao peche das válvulas. Cada ciclo iníciase coa xeración espontánea dun potencial de acción no nodo seo-auricular, localizado na parede posterior da aurícula dereita; o potencial viaxa polas aurículas e diríxese cara aos ventrículos. O atraso de décimas de segundo do paso do impulso cardíaco das aurículas aos ventrículos, permite que estes se contraian despois das aurículas, que lles serven de bombas cebadoras, antes de impulsar o sangue por todo o sistema vascular.
-
gasto cardíaco
Volume de sangue bombeado por un ventrículo por unidade de tempo.
-
músculo cardíaco /
Músculo especializado, específico do corazón dos vertebrados. Está inervado só de forma difusa por fibras simpáticas (excitadoras) e parasimpáticas (inhibidoras) das dúas divisións do sistema nervioso autónomo, que teñen unha acción moduladora; a súa acción diríxese cara ao aumento ou diminución da forza de contracción espontánea mioxénica. As fibras musculares cardíacas están conectadas entre si nos extremos por unións que permiten o fluxo de corrente dunha célula a outra.
-
-
Que sofre unha cardiopatía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cardia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á cerámica decorada coa aplicación nos bordos dunha cuncha dun molusco bivalvo como a do berberecho (Cardium), característica do Neolítico antigo (VI-V milenio a C), dende a costa de Líbano ata o Mediterráneo occidental. Caracterízase tamén polas súas formas globulares con fondo convexo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación molesta ou dolorosa no epigastrio ou na rexión precordial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que padece cardialxia.
-
-
Pertencente á familia dos cárdidos.
-
Molusco lamelibranquio da familia dos cárdidos.
-
Familia de moluscos da clase dos lamelibranquios á que pertencen os berberechos.
-