"cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
GALICIA
Pianista e concertista. Coñecido como El Pianista de la Troya, obtivo o premio extraordinario fin de carreira José Tragó. Foi alumno de W. Kerchbaumer e W Kerchbaumer en Viena, e H. Kraxton en Londres. Ingresou na Meister-Klasse do Conservatorio Nacional de Saarbrucken, onde tivo como profesor a W. Gieseking. Profesor no Conservatorio Superior de Madrid, ofreceu concertos en diversos países de Europa, América e Asia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Técnico de radiodifusión, traballou nos campos da publicidade, as relacións públicas e o xornalismo. Foi xerente do Patronato de Cultura do Concello de Lugo e redactor xefe de Cope Lugo ata 2000. Director das revistas El Confidencial e Praza Maior, foi presidente da Asociación Provincial de Radio e Televisión e da Asociación da Prensa Deportiva. Dirixiu e presentou o programa Lucenses, en Telelugo, desde 1997. Publicou Los Lucenses (1974) e, en colaboración con Marta Rivera, Lucenses 2 (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Discípulo de Bertomeu Fernández, realizou fundamentalmente imaxinaría relixiosa. Das súas obras destacan Santa Filomena e a Virxe do Carme de San Xoán de Ortoño, as imaxes de Santa Bárbara e San Brais para o santuario da Nosa Señora dos Milagres de Amil (1850), posteriormente trasladadas á igrexa parroquial de San Mamede de Amil, e a Crucifixión da sancristía de Sigrás en Cambre (1866), onde introduciu o modelo iconográfico dos catro cravos na cruz. O seu obradoiro continuouno a súa filla Dolores Rodeiro Boado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta portugués. De orixe xudía, foi a figura literaria dominante na época de anexión a Castela e o máis orixinal dos discípulos de Camões. Cultivou o xénero pastoril en poesía coas súas Éclogas (1605) e a novela con O Pastor Peregrino (1608). Escribiu en castelán Romances (1569), con influencias de Góngora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Helenista. Catedrático emérito de Filoloxía Grega da Universidad Complutense de Madrid, especializouse en lingüística e cultura clásica. Presidiu a Sociedad Española de Estudios Clásicos e a Sociedad Española de Lingüística e dirixiu as revistas Emérita e Revista Española de Lingüística y Estudios Clásicos. Fundou e codirixiu o Dicionario griego-español do CSIC, con cinco volumes publicados, e dirixe a Colección Alma Mater de Autores Griegos y Latinos. Publicou obras sobre literatura e filoloxía grega antiga, lingüística indoeuropea e lingüística. Entre elas destacan Ilustración y política en la Grecia clásica (1965), Estudios de lingüística general (1969), Lingüística estrutural (1969), Fiesta, comedia y tragedia. Sobre los orígenes griegos del teatro (1972), Lingüística indoeuropea (1975), El mundo de la lírica griega antigua (1981), El concepto del hombre en la antigua Grecia (1986), Historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Coñecido como Farruco, foi capitán de milicias e chegou a Río de la Plata como soldado do exército español (1764). Entre 1782 e 1797 construíu un fortín nun estratéxico paso dos contrabandistas de gando e coiros ao L do departamento de Durazno, que foi declarado Monumento Histórico Nacional (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Traballou en diferentes periódicos madrileños, entre eles, El País e Diario Universal (1917). Publicou El pensamiento y las cosas, El conocimiento y el juicio (1911). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Paco Campos, estudou música no Conservatorio da Coruña e na Escola de Música de Santiago de Compostela, ademais de teatro na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Director de dobraxe de Vídeo Galicia e Intereuropa, como actor de teatro colaborou en diversas montaxes teatrais, como Ernest, de O. Wilde, e O auténtico Oeste, de Sam Shepard; e nas series de televisión Pratos combinados, Mareas vivas e Galicia Express e Nada es para siempre. Participou nos filmes Dáme Lume (1993), de Héctor Carré, Ilegal (2002), de Ignacio Vilar, e Heroína (2005), de Gustavo Herrero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Formado como enxeñeiro xeógrafo, foi axente consular de Arxentina e traballou como redactor de xornais. Publicou Los novelistas contemporáneos (1903), Estudios económicos: el proteccionismo en Argentina (1904), Problemas económicos e financieros (1905) e Impresiones (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e gramático. Despois de residir en diversos países europeos, estableceuse en Bos Aires, onde traballou nos campos da edición e o ensino. Traduciu do grego ao castelán as traxedias de Esquilo Agamenón, Las Coéforas, Las Euménides e Siete contra Tebas (1967). Ademais, editou o manual La lengua gallega: primitiva lingua visigothica. Su origen y evolución (1976), en que reivindica a dependencia do castelán con respecto ao galego, e Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario da comunicación. Foi presidente de Hércules de Ediciones, de Nova Construción Galega SA, de Inmobiliaria Residencial del Noroeste SA e da Fundación Rodríguez Iglesias, creada para promover a arte e a cultura galega. Foi o artífice da publicación Proyecto Galicia e recibiu a distinción de Galego do ano do grupo El Correo Gallego (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Foz 13.12.1951) Xeógrafo e pedagogo. Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a súa dedicación profesional está relacionada coa formación inicial e continuada do profesorado. Publicou varias obras de carácter didáctico e xeográfico, das que destacan Valor y usos del suelo urbano en Lugo (1989), Os ríos galegos: morfoloxía e réxime (1992), en colaboración con F. J. Río Barja, Didáctica das ciencias sociais na educación infantil (1995) e La actividad humana y el espazo geográfico (2000).
-
GALICIA
Actor. Comezou a súa carreira na compañía Marigaila, coa que estreou Ensaio festivo (1981), de G. Gambaro; e A noite das tríbadas (1983), de O. Enquist. Co Centro Dramático Galego protagonizou Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; e Caderno de Bitácora (1985), de F. Taxes. En 1985 fundou a compañía O Moucho Clerc. No ámbito cinematográfico foi protagonista de Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro; e participou en Continental (1989), de X. Villaverde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito, folclorista e crítico. Director da Biblioteca Nacional, dedicouse ao estudo dos autores clásicos e á edición de textos anotados. Especializouse en estudos cervantinos e publicou unha edición de El Quijote (1947-1949). Foi membro da Real Academia Española e académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Funcionario e político agrarista. Loitador antiforista e orador, presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño. Foi membro do Partido Galeguista, coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929) e alcalde interino do concello de Tomiño en 1931. Foi redactor de El Agro de Tomiño (1928), fundador e director do semanario Agro del Miño (1931) e redactor de Nuevo Heraldo (1934-1936). Publicou Memoria correspondiente al XX año de su existencia y al Ejercicio de 1925 (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mago, humorista e presentador de televisión. Como mago obtivo diversos recoñecementos en congresos nacionais e internacionais. Realizou ademais unha xira por distintos países europeos, especialmente por Reino Unido, onde actuou en diversas ocasións na BBC. En España participou en programas de TVE e Tele 5.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e político. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na UPG en 1971, da que foi secretario xeral ata que a formación se integrou no BNG. Foi membro da comisión permanente e do consello nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galicia (1993-1997) e no Congreso desde 1996. Cultivou a crítica literaria e o ensaio, e colaborou en diversas publicacións, como A Nosa Terra e Diario 16 de Galicia. Das súas obras destacan A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (1973), Conflito lingüístico e ideloxía na Galiza (1976), Problemática nacional e colonialismo (1978), en colaboración con Ramón López-Suevos; Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988, Premio da Crítica Galega), Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación (1990) e Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid e do Tribunal Supremo. Foi membro de número do Instituto Español de Derecho Procesal e colaborador e conselleiro da Revista de Derecho Procesal. Escribiu El denominado Derecho Foral Gallego y su compilación (1961). Recibiu a gran cruz de San Raimundo de Peñafort (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor do cronoloxicamente primeiro dicionario galego-castelán, o Dicionario gallego-castellano, elaborado entre 1850 e 1853 e publicado en 1863 na revista coruñesa Galicia. Era, segundo o seu editor Antonio Mª de la Iglesia, parte dun proxecto máis ambicioso que incluía tamén unha gramática, un estudo comparativo do galego con outras linguas, un dicionario castelán galego e unha antoloxía literaria. Recolle arredor de 3.859 entradas e suponse que moitas das voces son das zonas de Bermés e Santiago; pero ademais cita a Sarmiento, a Cornide e a un tal Seguino. O texto orixinal foi manipulado por De la Iglesia que, segundo Pensado Tomé, realizou o labor de “uniformar todos esos materiales, organizarlos alfabéticamente, definir las voces que quedaban simplemente enumeradas, agregar otras, suprimir algunas, y añadir todo lo que le pareció oportuno con tal de seguir el plan que llevaba en su mente el bibliotecario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Gañou o favor da corte de Filipe IV. Retocou e puliu o seu teatro co fin de conseguir en ocasións unha elegancia e unha perfección extraordinarias, e destacou por uns trazos moi característicos, como a figura da dona vingadora da súa honra, que reproduciu en Cada cual lo que le toca, Progne y Filomena, e a intensificación da figura cómica en Entre bobos anda el juego ou Don Lucas del Cigarral. Cunha poderosa forza dramática cómpre salientar Del rey abajo ninguno, en que trata o problema da lealdade á monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO