"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Foi o representante máis importante da Escola de Barcelona. A súa filosofía propuxo a superación do empirismo e o racionalismo e elaborou unha síntese en que defendía que as verdades ontolóxicas poderían ser descubertas pola análise da realidade que se considera básica, a conciencia, que ten as vertentes individual e colectiva. Publicou Sobre el desarrollo del pensamiento filosófico (1854), onde expuxo que a filosofía era a expresión máis alta da conciencia colectiva dunha comunidade nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e ceramista francés, fillo de Josep Llorens i Artigas. Coñecido como Gardy Artigas, formouse xunto a Chagall, Braque e Giacometti. En París colaborou con Joan Miró, especialmente nas obras para a exposición Osaka 70, en Xapón. A súa obra recrea formas orgánicas con independencia do seu contexto e do seu tamaño real. Destaca Porta per a una ciutat (1974), na autopista Barcelona-Girona.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora, filla de Francisco Lloréns Díaz. Doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de Yale (EE UU), e foi Master en Arte. Foi nomeada profesora emérita na Southern Conneticut State University. Do seu estilo pictórico destaca a suavidade das formas e da cor, tanto no emprego de acuarela como no de óleo. Editou os libros Valle-Inclán y la plástica, Francisco Lloréns e La juventud española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán do exército, foi fusilado en Carral pola súa participación no levantamento de Solís no ano 1846.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Dirixiu Las Provincias (1911-1949) e foi director delegado do Centre de Cultura Valenciana (1940-1949). Escribiu narracións, a biografía Eduardo Escalante (1934) e a crónica de guerra Los valencianos en San Sebastián (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e xornalista. Adquiriu e dirixiu o xornal La Opinión, que se denominou posteriormente Las Provincias. Poeta e autor dramático na súa mocidade, a influencia de Marià Aguiló decantouno cara ao catalán. Da súa produción destacan Versos de la juventud (1920) e Poesies valencianes (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Loitou na Guerra de Independencia contra os franceses, participou na sublevación de Díaz Porlier (1815) e na conspiración liberal de 1817. Co grao de sarxento maior da Columna de Granadeiros Provinciais, foi deputado polo Reino de Galicia (1821-1823). Coa volta do absolutismo foi condenado a morte e fuxiu a Xibraltar e Reino Unido, onde participou na organización de diversos plans de invasión. Regresou en 1833 e foi subsecretario do ministerio da Guerra e deputado pola provincia de Pontevedra (1834-1836) e polo distrito de Vigo (1851-1852). Rematou a súa carreira militar como mariscal de campo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, marqués de Astáriz. Participou na Guerra de Independecia e apoiou o levantamento constitucional de 1820. Loitou contra as partidas realistas á fronte da Milicia Nacional Activa de Ferrol, e trala volta do absolutismo tivo que exiliarse (1823-1833). Deputado por Galicia (1834-1835), foi comandante militar e gobernador civil de Lugo (1835). Comandante xeneral da praza de Santiago de Compostela (1836), enfrontouse co arcebispo Vélez e co bispo auxiliar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar, fillo de Manuel Llorente Pastor. Xeneral de división, organizou en Cuba a Garda Civil. Desde 1878 ata 1886 foi gobernador militar de Vigo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comerciante e armador. Realizou transaccións comerciais con diversos portos peninsulares de Andalucía, Portugal e Bizkaia. Ocupouse da explotación pesqueira e promoveu a instalación de fábricas de salgadura de sardiña. Foi administrador de impostos no porto de Vigo. En 1767 foi alcalde de Vigo e da súa xurisdición.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e historiador. Secretario xeral da Inquisición (1789-1801), foi nomeado conselleiro de estado por Xosé Bonaparte (1808) e encargouse dos arquivos da Inquisición (1809), da supresión das ordes monásticas e da dirección xeral dos Bens Nacionais. En Francia escribiu Historie critique de l’Inquisition d’Espagne (1817-1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na Costa Brava (20.239 h [2001]). A economía baséase no turismo e na construción. A agricultura é de tipo residual,e aínda perviven algunhas explotacións forestais e gandeiras. Destaca o porto deportivo e as actividades turísticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Foi director de investigación no Centre de la Recherche Scientifique, investigador na École Polytechnique de Palaiseau (Francia) e traballou no CERN (Xenebra). Publicou traballos sobre a física nuclear doutras enerxías, a física de plasmas e a síntese de novos semicondutores. Publicou Física Pop (1977), Dicionari de la Ciencia i la Tecnologia Nuclears (1979) e Per què les cose són como són (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Matilde González Palau.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado en Costera (3.761 h [2001]). A actividade industrial céntrase en pequenas fábricas de mobles, cartóns e produtos agrarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Mallorca, Illes Balears, situado no val do torrente de Estorell (4.760 h [2001]). Destaca a extracción de pedra calcaria para a fabricación de cemento e de arxilas para o abastecemento de fábricas de cerámica. Posúe industrias de calzado e do sector da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, periodista, diplomático e crítico de teatro. Traballou en diversos medios como ABC, Informaciones, TVE ou El País, e foi profesor da Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid. Realizou traducións e adaptacións de obras dramáticas, de autores como Shakespeare, Goldoni, Fernando de Rojas, Benjamin Jonson, Schiller, Aristófanes, A.P. Čekhov, Cocteau ou O’Neill. Recibiu o Premio Nacional de Teatro, o Premio Nacional de Cinematografía e o Premio Nacional de Literatura (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro militar. Dirixiu as obras de ampliación do Cárcere Real da Coruña (1755). En Ferrol realizou o Arsenal e un proxecto, que non se levou a cabo, do barrio da Magdanela. Fixo os planos do castelo do Cardeal en Corcubión (1755) e foi nomeado enxeñeiro xefe das fortificacións da cidade da Coruña (1772).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico. Deputado por Caernarvon (1890-1945), opúxose á Guerra dos Boers, e formou parte do gabinete de Campbell-Bannerman (1905) onde presidiu o Board of Trade. Chanceler do exchequer, (1908) impulsou as leis sobre as pensións de vellez (1908) e da seguridade social (1911), financiadas cun imposto especial sobre as grandes fortunas e a propiedade da terra, aprobado polo parlamento malia a oposición da Cámara dos Lores. Como primeiro ministro (1916-1919), favoreceu a unificación militar aliada, pero na Conferencia de París (1919) opúxose ás pretensións de Clemenceau sobre Renania e Alta Silesia. O recoñecemento da República de Irlanda (1921) e a súa política antiturca durante a Guerra Greco-turca provocaron unha crise do seu goberno e a súa dimisión. Permaneceu á fronte do Partido Liberal e foi nomeado conde en 1944. Contribuíu activamente á recuperación da cultura galesa e publicou War Memories (1933-1936) e Memoirs of the Peace Conference (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e produtor musical. Un dos principais representantes de teatro musical, da súa produción destacan Jesus Christ Superstar (1971), Evita (1976), Cats (1981), Starlight Express (1984), The Phantom of the Opera (1986) ou The beautiful game (2000). Recibiu un Oscar pola mellor canción orixinal (1997) e tres Grammys.
VER O DETALLE DO TERMO