Lloyd George, David

Lloyd George, David

Político británico. Deputado por Caernarvon (1890-1945), opúxose á Guerra dos Boers, e formou parte do gabinete de Campbell-Bannerman (1905) onde presidiu o Board of Trade. Chanceler do exchequer, (1908) impulsou as leis sobre as pensións de vellez (1908) e da seguridade social (1911), financiadas cun imposto especial sobre as grandes fortunas e a propiedade da terra, aprobado polo parlamento malia a oposición da Cámara dos Lores. Como primeiro ministro (1916-1919), favoreceu a unificación militar aliada, pero na Conferencia de París (1919) opúxose ás pretensións de Clemenceau sobre Renania e Alta Silesia. O recoñecemento da República de Irlanda (1921) e a súa política antiturca durante a Guerra Greco-turca provocaron unha crise do seu goberno e a súa dimisión. Permaneceu á fronte do Partido Liberal e foi nomeado conde en 1944. Contribuíu activamente á recuperación da cultura galesa e publicou War Memories (1933-1936) e Memoirs of the Peace Conference (1939).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Manchester

  • Deceso

    Lugar : Cricieth, Caernarvon