"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • IGREXAS

    Igrexa cristiá oriental formada polos cristiáns do antigo Imperio Parto-sasánida. Coñecida tamén como Igrexa Asiria, Sirio-oriental ou Caldea, a evanxelización partiu de Edessa, e iniciouse antes da caída do Imperio Parto (226). Un sínodo convocado en Seleucia (410) constituíu un catolicosado, que en 424 se converteu practicamente en autónomo. En 486 esta igrexa aceptou o nestorianismo. No s XIII, e baixo a protección de Khublai Khan, fundador da dinastía Yuan, chegou a ter bispos e comunidades en moitas cidades chinesas, que desapareceron coa chegada da dinastía Ming (1368-1644). Chegou tamén, xa desde o s IV, á costa de Malabar (India). En 1552, das comunidades nestorianas do Oriente Medio, xurdiu o grupo unido en Roma que se coñeceu co nome de Igrexa Caldea. Organizada xerarquicamente, en 1830 erixiuse o patriarcado católico de Babilonia dos caldeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina teolóxica que sostén que hai dúas persoas, divina e humana, encarnadas no Verbo. Tomou o seu nome do patriarca de Constantinopla Nestorio, que por defender a verdadeira divindade e humanidade de Xesús Cristo, rexeitou o termo theotokos (Virxe), aplicado a María, porque confundía ambas as dúas realidades. Á parte deste rexeitamento, a teoloxía de Nestorio afirmou a unidade de Xesús Cristo, e denunciou a fórmula de san Cirilo de Alexandría, ‘unión apostática’, como portadora de monofisismo. As motivacións políticas converteron o nestorianismo en herexía total. O Papa Celestino I, no Concilio de Roma de 430, condenouno, e o Emperador Teodosio II convocou o Concilio de Éfeso (431), que confirmou a condena romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Nestorio ou ao nestorianismo.

      2. Partidario do nestorianismo.

    1. Aplícase á forma da escrita siria, moi semellante ao estranghelo, empregada pola Igrexa Siria oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca e bispo (428) de Constantinopla. Monxe en Antioquía e iniciador da corrente teolóxica do nestorianismo, foi deposto no Concilio de Éfeso (431) e exiliado ao Alto Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Balcánica, que nace nas montañas de Rila, en Bulgaria, e entra en Grecia para desembocar no Mar Exeo, fronte á illa de Thásos, tras un percorrido de 230 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición en + o demostrativo outro(s), outra(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo dun fillo ou dunha filla, en relación ao avó ou á avoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non contén manchas, impurezas ou calquera cousa inútil ou accesoria.

      1. Aplícase ao prezo dalgunha cousa despois de deducir todos os gastos.

      2. peso neto

        Peso dunha mercadoría unha vez deducida a tara.

    2. Medida de capacidade que equivale a medio litro.

    3. Parte do patrimonio que recolle as contas representativas das fontes propias de financiamento dunha empresa. Dentro do neto, inclúense as contas de resultados, que recollen as ganancias ou as perdas consecuencia da actividade económica da empresa, así como tamén o saldo das contas de gastos particularizados para cada operación contable ou contas diferenciais; as de reservas, os beneficios non distribuídos con asignación específica ou sen ela; e os de capital, que compatibilizan as achegas iniciais de capital e as sucesivas ampliacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político angolano. Cursou estudos universitarios en Coimbra e Lisboa. Militou no Movemento Popular de Libertação de Angola (MPLA), que presidiu (1962-1977), e foi presidente da República Popular de Angola (1975-1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático brasileiro. Traballou na Associação Comercial de Pernambuco, no departamento de Estatística de Brasil, e foi Assistente de Selação do DASP (1943) e diplomático (1945) en Rio de Janeiro. Comezou a súa carreira diplomática internacional en 1947 como cónsul en Barcelona; posteriormente foi embaixador en Senegal (1976-1979), Ecuador (1979-1981) e Honduras (1981-1984); en 1986 exerceu como cónsul xeral de Brasil en Porto (Portugal). Durante o goberno de Jânio Quadros foi xefe de gabinete do ministro de Agricultura. Como escritor, comezou coa poesía hermética en Pedra do sono (1942) e O engenheiro (1945), para logo evolucionar cara á expresión da problemática socioeconómica do NL brasileiro, feito que o converteu no poeta con máis sona do seu país. Da súa produción destacan o ensaio Joan Miró (1950) e os libros poéticos O rio (1954), Duas águas (1956), Quaderna (1960), Dois parlamentos (1961) e Educação pela...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo, da orde das rusulais, que presentan sombreiro convexo-aplanado, de 5 a 15 cm de diámetro e cor variable, cutícula lisa e grosa e laminiñas de cor branca e pé curto, voluminoso e branco. É común en toda clase de bosques.

    2. Fungo, da orde das rusulais, que presenta sombreiro de 5 a 18 cm de diámetro, cunha depresión central moi acusada, de cor branca con manchas pardas ou marróns no centro e marxe lobulada, pé cilíndrico, branco con manchas pardas irregulares. Vive nos aciñeirais, aparece semienterrada ou semicuberta de restos vexetais. É comestible, aínda que de pouca calidade. Pódese confundir con algunhas especies do xénero Lactarius.

    3. Fungo, da orde das rusulais, que presenta sombreiro de ata 15 cm de diámetro, convexo e posteriormente aplanado, de cor violácea, laminiñas brancas e pé de lonxitude moi variable, de cor vermella violácea. Vive baixo piñeiros, sobre todo os que teñen sotobosque herbáceo. Non é comestible.

    4. Fungo, da orde das rusulais, que presenta sombreiro de 7 a 20 cm de diámetro, convexo, primeiro de cor grisácea e despois moura, e pé cilíndrico, branco, curto e groso. É moi abundante nos bosques de montaña. Non é comestible.

    5. Fungo, da orde das rusulais, que presenta o sombreiro carnoso, de 5 a 22 cm de diámetro, convexo e de cor verdosa, laminiñas brancas e pé de cor branca, ás veces con manchas pardas. Crece nos bosques de carballos e castiñeiros. É comestible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa delicada e mexeriqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afabilidade de trato ou de carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas de aspecto exuberante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi un dos principais representantes do Círculo de Viena. De tendencia neopositivista, aplicou os ideais do positivismo lóxico aos problemas sociais e, xunto a R. Carnap, elaborou o fisicalismo. Publicou Einheitswissenschaft und Psychologie (Ciencia unificada e psicoloxía, 1933) e Le développement du Cercle de Vienne et l’avenir de l’empirisme logique (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica total ou parcial dun nervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula embrionaria dos vertebrados da que deriva unha neurona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno que deriva das células da medula da glándula suprarrenal ou dos ganglios da cadea simpática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación xenérica que reciben diversas dermatoneuroses en que non hai ningunha reacción cutánea, so un proído intenso.

    2. Proído esencial da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO