Neto, João Cabral de Melo
Poeta e diplomático brasileiro. Traballou na Associação Comercial de Pernambuco, no departamento de Estatística de Brasil, e foi Assistente de Selação do DASP (1943) e diplomático (1945) en Rio de Janeiro. Comezou a súa carreira diplomática internacional en 1947 como cónsul en Barcelona; posteriormente foi embaixador en Senegal (1976-1979), Ecuador (1979-1981) e Honduras (1981-1984); en 1986 exerceu como cónsul xeral de Brasil en Porto (Portugal). Durante o goberno de Jânio Quadros foi xefe de gabinete do ministro de Agricultura. Como escritor, comezou coa poesía hermética en Pedra do sono (1942) e O engenheiro (1945), para logo evolucionar cara á expresión da problemática socioeconómica do NL brasileiro, feito que o converteu no poeta con máis sona do seu país. Da súa produción destacan o ensaio Joan Miró (1950) e os libros poéticos O rio (1954), Duas águas (1956), Quaderna (1960), Dois parlamentos (1961) e Educação pela pedra (1966). Foi membro da Academia Brasileira de Letras (1968).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Recife -
Deceso
Lugar : Rio de Janeiro