"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Sindicalista e patrón de pesca. En Gijón contactou co sindicalismo mariñeiro confederal nos anos trinta do s XX. En 1932 fundou en Cambados o Sindicato de Marineros y Profesiones Varias, adscrito á CNT. Nomeado patrón maior da confraría local nos últimos meses da República, promoveu o paro da flota da sardiña arousá en protesta polos baixos prezos que impuñan os conserveiros. Foi asasinado polos falanxistas nos primeiros días da Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Iniciou a súa carreira política en 1968. Foi membro da executiva confederal da UGT (1976-1986), da comisión executiva federal do PSOE (1981), secretario xeral do PSOE de Andalucía (1994) e deputado socialista por Cádiz entre 1977 e 1990. Exerceu como ministro de Traballo e Seguridade Social (1986-1990) e impulsou, entre outros, o proxecto da Carta Europea dos Dereitos Sociais Fundamentais dos Traballadores e favoreceu a aprobación da Reforma da Financiación da Seguridade Social e a Lei de Prestacións non Contributivas. Dende o 27 de xullo de 1990 é presidente da Junta de Andalucía, cargo no que foi reelixido en 1994 e 1998. Tamén en 1990 foi nomeado vicepresidente da Asemblea de Rexións de Europa, na que preside a Comisión III, encargada das relacións Norte-Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Realizou os seus primeiros estudios musicais da man do seu pai, sonado organista e pianista, e xa de neno compuxo pezas a varias voces para violín e piano. En 1860 marchou a Zamora, onde dirixiu a banda de música da Beneficiencia, e posteriormente a París e Milán, onde foi discípulo de Lauro Rossi. Volveu a Madrid en 1869 e dedicouse á docencia e a ofrecer concertos por España, Francia e Portugal. Colaborou en La España Musical, El Diario de Zaragoza e na Gaceta de Galicia. En 1892 designárono para reorganizar a banda de música de Santiago de Compostela. Das súas composicións destacan Aire gallego (1888), con texto de Alfredo Brañas e publicado en Galicia Humorística, Zapateado (1888) e El Gimido, publicado en La Aurora de Galicia. Foi galardoado coa Cruz de Carlos III e nomeado socio de mérito do Ateneo de Señoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor nicaraguano. Foi fundador da Frente Revolucionario Sandino e director da editorial Universitaria Centroamericana de Costa Rica. Das súas novelas, inspiradas na r­ealidade política e social do seu país, destacan Hay una selva en mi voz (1950), Arquitectura inútil (1954), Los monos de San Telmo (1963), Trágame tierra (1969), Balsa de serpientes (1974) e Trece veces nunca (1977). Recibiu o Premio de la Casa de las Américas en Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, ilustrador e poeta. De formación autodidacta, comezou a expoñer de xeito regular en 1980. Participou en varios proxectos expositivos relevantes da década dos noventa como Loairas (1993), organizado pola Deputación de Pontevedra no castelo de Soutomaior, Coincidencias (1994) e Galicia. Terra Única (1997), organizados pola Xunta de Galicia. Emprega a pedra, a madeira e as pezas de bronce e ferro, moitas veces reutilizadas e ensambladas no obxecto escultórico. A súa obra está cargada dunha ironía e dunha lírica próximas á creatividade popular e á reinterpretación da natureza, como na serie Avelaíñas (2000). Aínda que as súas pezas adoitan ser de formato pequeno ou medio, co proxecto de escultura pública Porta da Luz Salgada (Vilagarcía de Arousa, 2001) achegouse aos grandes formatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de arte. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Historia. Profesor de Historia da Arte Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid, foi director do Museo del Prado. A súa especialidade investigadora céntrase na arte renacentista en España. É colaborador de publicacións como Goya, Fragmentos ou Archivo Español de Arte. Publicou, entre outras obras, El coleccionismo en España (1985), o catálogo da exposición Juan de Herrera y el Clasicismo (1986), Carlos V y la imagen del héroe en el Renacimiento (1993), Felipe II: mecenas de las Artes (1993), Tiziano y la monarquía hispánica: usos y funciones de la pintura veneciana en España, siglos XVI y XVII (1994) e Carlos V: la imagen del poder en el Renacimiento (1999). É autor da Guía para el estudo de la historia del arte (1980), xunto a García Felguera e Morán Turina, El Renacimiento: formación y crisis del modelo clásico (1987), con Víctor Nieto Alcaide, e Arquitectura del Renacimiento en España 1488-1599 (1989),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Formouse na École des Beaux-Arts de París. Estudiou a arquitectura romana despois de gañar o Grand Prix polos seus debuxos da reconstrución do Panteón. A súa obra, de carácter ecléctico, caracterizouse polo emprego dos materiais tradicionais da arquitectura parisiense. Das súas construcións destacan Le Parisien Office (1903) e a embaixada de Francia en Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos perennes da familia das sinopteridáceas. Presentan un rizoma curto, frondes fasciculadas de pínnulas glabras, pecíolo de cor acastañada e soros sen indusio, na marxe das frondes. En Galicia están presentes as especies C. hispanica e C. tinaei en valados e fendas, ademais de C. acrostica e C. guanchica, en fendas de rochas calcarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anton Pavlovič Čekhov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Aínda que gratamente impresionado primeiro polos ideais da Revolución Francesa, non tardou en denunciar os seus excesos polo que foi guillotinado. En vida publicou unicamente poemas soltos pero en 1819 Henri de Latouche editou a súa obra. Escribiu Bucoliques, Élégies e deixou inacabadas Hermès e L’Amerique. Adscrito ao neoclasicismo, sinala o inicio do romanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Konstantin Ustinovič Černenko.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Viktor Stepanovič Černomyrdin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi reivindicado polos artistas surrealistas como un referente do naïf e do onirismo. O Palacio Ideal (1879-1910) é unha obra produto da imaxinación de Cheval que mestura elementos arquitectónicos do románico, do barroco, da arquitectura exipcia, hindú, musulmana, etc. O carácter ecléctico do palacio reforzouse pola exhuberancia escultórica que incorpora figuras de animais exóticos e motivos bíblicos, entre outros símbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana de construción de automóbiles que Louis Chevrolet e Will C. Durant estableceron en Janesville (Wisconsin) no 1911. No ano 1918 incorporouse ao trust de General Motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor occitano. Cultivou o teatro (Tracasson e autras peçotas, 1936) e intentou renovar os xéneros tradicionais con Contes e nhòrlas de Joan-de-la-Luna (1932). Escribiu tamén poesía bucólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor. Iniciou a súa carreira artística desde as propostas conceptualistas para aproximarse despois á figuración. Na década dos oitenta participou na transvangarda italiana. A súa obra caracterízase polo emprego de estilos e iconografías recreadoras dos diferentes momentos da historia da arte, tratados en moitos casos cunha nota cómica ou irreverente (A ociosidade de Sísifo, 1981). A figura, normalmente o ragazzo, é a protagonista da súa obra na que se interpreta o ser humano desde diversos prismas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘carro’.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘automóbil’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘barco (de vapor)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘carreta’.

    VER O DETALLE DO TERMO