Chazo González, Manuel
Escultor, ilustrador e poeta. De formación autodidacta, comezou a expoñer de xeito regular en 1980. Participou en varios proxectos expositivos relevantes da década dos noventa como Loairas (1993), organizado pola Deputación de Pontevedra no castelo de Soutomaior, Coincidencias (1994) e Galicia. Terra Única (1997), organizados pola Xunta de Galicia. Emprega a pedra, a madeira e as pezas de bronce e ferro, moitas veces reutilizadas e ensambladas no obxecto escultórico. A súa obra está cargada dunha ironía e dunha lírica próximas á creatividade popular e á reinterpretación da natureza, como na serie Avelaíñas (2000). Aínda que as súas pezas adoitan ser de formato pequeno ou medio, co proxecto de escultura pública Porta da Luz Salgada (Vilagarcía de Arousa, 2001) achegouse aos grandes formatos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vilagarcía de Arousa