"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Parte do endoesqueleto dos vertebrados que recobre e protexe o sistema nervioso central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que se orixina por un trastorno do desenvolvemento do ectoderma e que se caracteriza pola asociación de múltiples neurofibromas no traxecto dos nervios periféricos, que produce, ademais, unhas manchas de cor marrón na pel. A identificación do xene responsable permitiu desenvolver unha proba de diagnose prenatal cun 98% de efectividade. OBS: Tamén se denomina enfermidade de von Recklinghausen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de indiferenza psíquica e repouso motor sen perda profunda da consciencia que foi descrita por Mundeleer e De Castro en 1959. Co emprego dun tranquilizante maior (neuroléptico) en doses altas e un analxésico potente, conséguese un estado de profunda sedación, analxesia e esmorecemento neurovexetativo que permite realizar intervencións cirúrxicas importantes sen necesidade doutro tipo de anestesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de anestesia combinada que, ademais do neuroléptico e o analxésico como na neuroleptoanalxesia, emprega un anestésico xeral que pode ser o protóxido de nitróxeno ou calquera outro hipnótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao impulso nervioso eferente.

    2. Contacto sináptico complexo que o axón dunha neurona motriz establece cunha célula dunha fibra de músculo estriado. OBS: Tamén se denomina placa motora ou placa terminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Médico que está especializado en neuropatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da patoloxía que se ocupa das enfermidades do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección cirúrxica dun nervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escalpelo especial que se utiliza na disección dos nervios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxina que produce lesións no sistema nervioso. As máis coñecidas son a tetánica e a botúlica. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade de organismos que habitan en contacto coa superficie libre da auga, tanto por riba coma por baixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tempo en que abundan as neves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa de Nova York. É a primeira do mundo e coñécese tamén como Wall Street por estar instalada nesta rúa desde 1792. Está organizada desde 1817 en forma de asociación privada, pero regulamentada e controlada polo Federal Reserve Board. O seu índice bolsista más coñecido é o Down Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de forza do SI definida como a forza que, aplicada a unha masa de 1 kg, lle produce unha aceleración de 1 m/s2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico canadense. Coñecido como Glenn Ford, interpretou dramas, comedias e westerns. Obtivo un grande éxito con Gilda (1946) e tamén actuou en The Big Heat (1953), 3:10 to Yuma (1957), The four horsemen of the Apocalypse (1961), Day of the Assassin (1979) e Raw Nerve (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo suízo. Foi considerado polos seus contemporáneos a máxima autoridade en ornitoloxía. Editou a revista Ibis e escribiu o importante Ditionary of Birds (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Fórmula para calcular a potencia enésima dun binomio, coñecida tamén como teorema do binomio. No caso de que o expoñente n do binomio sexa un número natural a súa expresión é

    FORMULA

    onde os coeficientes (nk) coñecidos como coeficientes binomiais, obtéñense da fórmula
           

    FORMULA2

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión formal da segunda lei de Newton, que presenta a forma F = ma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Os seus traballos caracterizáronse por unha mestura de glamour, sexo e imaxe teatral, con especial interese pola imaxe feminina núa en branco e negro. Retratou a Paloma Picasso, Pierre Cardin e Naomi Campbell, entre outros, e as súas fotografías apareceron en Vogue, Stern, Elle, Queen e Playboy. Publicou White Women/Femmes Secrètes (1976), Sleepless Nights/Nuits Blanches (1978) e Helmut Newton: Novas Imaxes (1989), e protagonizou os documentais Helmut Newton (1978) e Frames from the Edge (1988). Recibiu o premio do Instituto de Artes Gráficas de América (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, matemático e astrónomo inglés. Fillo póstumo dun pequeno terratenente, foi alumno da escola de Grantham e máis tarde do Trinity College de Cambridge, onde se graduou en 1665. Durante os dous anos seguintes, mentres a Universidade de Cambridge estaba pechada pola peste, comezou a reflexionar sobre o método matemático das fluxións, as teorías sobre a natureza da luz e das cores e a gravitación universal. Foi nomeado fellow de Cambridge e en 1667 profesor de matemáticas. En 1672 foi nomeado membro da Royal Society de Londres, da que posteriormente sería presidente (1703-1727) e, en 1696 nomeárono gardián da Casa da Moeda de Londres (1696), da que tamén foi director. Considerado o pai da física clásica, da astronomía moderna, da óptica e un dos pais das matemáticas, quixo demostrar que todo o Universo funciona segundo unha lei natural -a da gravitación- que non require ningunha aplicación continua de forza. Definiu os conceptos de masa ou cantidade de materia, cantidade de...

    VER O DETALLE DO TERMO