"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción cómpre salientar Ciresarii (1956), Pasiuni (1964), Trilogia înalb (1966-1969) e Adîncimi (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIMA

    Cima da serra de Talamanca, Costa Rica, que constitúe a maior altitude do país (3.820 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘bebedor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a costa SO da India, no golfo de Bengala, entre o delta do río Krishna e o cabo Kodikkarai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político peruano. En México foi secretario de Pancho Villa e, en Guatemala, conselleiro de Estrada Cabrera. Escribiu, entre outras obras, Iras Santas (1895), Alma América e Fiat lux! (1908) e o canto épico Ayacucho y los Andes (1924). Apresado en varias ocasións, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre Ambroise François Choderlos de Laclos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante polaco. Comezou pintando esmaltes no obradoiro do pintor Haid. Ilustrou numerosas edicións de obras literarias de Ariosto, Cervantes e Lessing, entre outros. Retratou a vida familiar e cotiá do pobo e da pequena burguesía. Foi nomeado en 1797 director da Academia de Berlín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Korlogiji Čojbalsan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político francés, duque de Choiseul e conde de Stainville. Iniciou a súa carreira política en 1753, baixo a protección de Madame de Pompadour. Dirixiu a política francesa entre 1758 e 1770 desde diversos cargos. Concluíu o Pacto de Familia de 1761 cos Borbón de España, refixo o exército e a armada, incorporou a Lorena (1766) e fixo expulsar os xesuítas de Francia (1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como abbé de Choisy, foi sacerdote e abade de Saint-Seine, e participou na embaixada en Siam. Escribiu Journal du voyage de Siam (Diario da viaxe a Siam, 1687) e Mémoires (Memorias, 1721). Atribúeselle tamén a Histoire de la comtesse de Barres (Historia da condesa de Barras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado e idade do Namuriano de Inglaterra (Mississippiano superior), situado enriba do Arnsbergiano e baixo o Alportiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Chokeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Realizou estudios musicais con Wojciech Zywny e Jósef Elsner e posteriormente ingresou no conservatorio de Varsovia. Deu os seus primeiros concertos entre os anos 1829 e 1830, e instalouse definitivamente en París no 1831, no centro do romanticismo francés, onde desenvolveu unha intensa actividade como compositor, concertista e profesor da aristocracia; neste país relacionouse con Liszt, Berlioz, Bellini e Rossini, entre outros músicos. Nesta cidade coñeceu a George Sand, escritora coa que mantivo unha relación e coa que se trasladou a Mallorca en 1838 para realizar unha cura de repouso na cartuxa de Valldemossa. En 1848 realizou unha xira por Inglaterra e Escocia, e despois dalgúns meses de inactividade morreu en París. Considerado como un dos grandes compositores para piano, do que extraeu todas as posibilidades técnicas e expresivas, innovou a súa técnica, enriqueceu a dixitación (o terceiro dedo pasou para o quinto) e modificou o uso do pedal. Agás algunhas obras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘arado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á locución ‘viño branco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo da India, nos estados de Madhya Pradesh e Bihār, divisorio das augas entre as cuncas do Mahānadi ao S e o Ganxes ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alzamento campesiño contra o goberno republicano francés, en defensa da monarquía e da relixión, que tivo lugar en Bretaña, Normandie, Maine, Anjou e Turena. Existiron dúas fases: entre 1793-1796, e un segundo momento entre 1797-1799. O alzamento recollía as tendencias adversas ao centralismo xacobino, a oposición aos ataques da Convención ao sacerdocio e a resistencia ao recrutamento militar. Sumáronse á insurrección de La Vendée. Foi duramente reprimido por Napoleón e desapareceu en 1801 despois da firma dun acordo. O termo deriva do alcume dun dos xefes, o bretón Jean Cottereau, chamado Chouan (‘curuxa’, en bretón).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embutido que se fai coas tripas e a carne do porco de menor calidade.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘tolo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa pequena e pobre construída con materiais pouco resistentes.

    VER O DETALLE DO TERMO