"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Produción norteamericana da década dos anos 60 dirixida por Arthur Penn e interpretada por Faye Dunaway, Warren Beatty, Michael J. Polland, Gene Hackman e Estelle Parsons. Trátase dun filme de gángsters ambientado na depresión económica americana dos anos 30. Os dous protagonistas son unha parella nova de atracadores que mesturan o romanticismo, o sexo e a violencia nunha sociedade que consideran inxusta e que se lles opón perseguíndoos. A acción transcorre ao longo dun itinerario no que se observa certa evolución nos protagonistas cun fin tráxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e viaxeiro francés, compañeiro de Friedrich Heinrich Alexander von Humboldt. En colaboración con este escribiu Plantae aequinocciales (Plantas do equinoccio, 1805-1809), onde se describe un gran número de especies e xéneros novos. Posteriormente foi superintendente do Xardín da Malmaison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta dinamarqués. Postumamente, publicóuselle Poëtiske Skrifter (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral, licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse en 1982 ao grupo de marionetas Tanxarina onde traballou como manipulador de bonecos, actor, coautor de textos, deseñador de espacios e vestiario ou director de escena, amais de participar como docente en diversos cursos de construción e manipulación de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou cómpre subliñar Migallas e cirigaitas (1983), Rosalín no país do Sol (1984), Un, dous, catro..., 24. Mariquiña ten un gato (1985), Titiricircus (1988), Coca, a volta da besta (1989), O bebé (1991), Santiago, Santiago (1993), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995) ou Contaloucos (1998). En 1994 participou como actor no primeiro espectáculo de Producións Teatrais do Sur, Macbett. Colabora habitualmente na organización dos Encontros dos Titiriteiros Galegos e noutras actividades de promoción do teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía fabricante de aplicacións para ordenadores persoais fundada por Philippe Kahn e con sede en Scotts Valley, California. Os seus primeiros produtos foron Turbo Pascal, compilador moi popular lanzado en 1984 e Sidekick, conxunto de utilidades para o PC de IBM que se atopan sempre residentes e que poden ser chamadas en calquera momento, incluso en medio doutra tarefa que se está a desenvolver. Produtos posteriores inclúen compiladores para C e C++, o programa da folla de cálculo Quattro, o programa da base de datos Paradox ou a ferramenta de programación Delphi para Windows, baseada en Pascal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Na súa xuventude realizou estudios musicais e licenciouse en Medicina (1856), sendo profesor da Academia de Medicina e Cirurxía de San Petersburgo dende 1862. Formou parte do Grupo dos Cinco xunto con Balakirev, Cui, Musorgski e Rimski-Korsakov, coa intención de crear unha escola de música nacionalista rusa. A súa obra principal é a ópera O príncipe Ígor (1869-1887), acabada por Rimski-Korsakov e Glazunov, xunto co cadro musical Polas estepas de Asia central (1880). Da súa produción camerística destaca o Quinteto con piano en do menor (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor liberal. Compañeiro de Riego no pronunciamento de 1820 e unido a el durante o Trienio Constitucional, militou posteriormente no partido moderado. Entre as súas obras cómpre destacar De la organización de los partidos en España (1855) e La cuestión social (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e botánico indio. Estudiou en Calcuta e en Cambridge. Exerceu como profesor de Física no Presidency College de Calcuta (1885-1915). En 1895 comezou a estender os experimentos de Hertz ao dominio das ondas de radio moi curtas, para constatar a natureza idéntica das ondas electromagnéticas e das radiacións luminosas. Realizou estudios sobre fisioloxía vexetal con aparellos deseñados por el mesmo e comparou os procesos vitais dos animais e das plantas. Cando se retirou, fundou e dirixiu (1917-1937) o Bose Research Institute.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nacionalista indio. Membro da á esquerda do Indian National Congress, que presidiu dende 1938 a 1939. Dimitiu como consecuencia da súa oposición ás ideas de non-violencia de Gandhi. Encarcerado polos británicos en 1940, fuxiu a Alemaña. Coa axuda xaponesa fundou en Bangkok (1942) a liga pola independencia da India, e en Singapur (1943), un goberno da India libre. O motivo da súa morte non foi aclarado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Pertenceu ao grupo fundador da revista Távola redonda. A súa obra encádrase no Existencialismo. En 1960 obtivo o Premio Camilo Castelo Branco pola novela A gata e a fábula; en 1971 con Lourenço é nome de jogral obtivo o Premio Nacional de Literatura e en 1987 o Premio da Crítica con Esta noite sonhei com Brueghel. Escribiu tamén a colección de poesías As coordenadas líricas (1951), O engima de sete alíneas (1956), Terra sem música (1969) e Festa em casa de Flores (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Na súa obra destaca o tratamento irónico e satírico dos temas representados. Realiza tamén interpretacións de obras de mestres antigos. Con formas moi radicais e cunha forte carga sensual expresa unha visión pracenteira e vitalista do mundo. Actualmente vive entre París, Nova York e Medellín. En 1987 o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid) dedicoulle unha retrospectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alessandro di Mariano Filipepi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ebanista. Traballou para a corte. A súa obra caracterízase polas marqueterías de cobre, de carei ou de estaño, e tamén polos ornamentos de bronce puído e dourado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Socioloxía da Educación pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor na Universidade de Vigo, publicou as obras: Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña (1988); A situación socio-cultural dos concellos galegos (1991); As necesidades no desenvolvemento social de Galicia (1994), en colaboración con Iago Santos Castroviejo. Ademais, ten colaborado en diversas publicacións como Grial, Luzes de Galiza ou Análise empresarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudiou Peritaxe Mercantil na Escola de Comercio da Coruña, estudios que compaxinou coas clases que impartía no colexio dos Villares en Ourense. Recibiu tamén clases de debuxo no Círculo Católico e de solfexo na Academia da Banda Municipal. Na súa mocidade colaborou coa Coral Ruada e co Orfeón Unión Orensana. Presentouse ás oposicións de auxiliares de Contabilidade do ministerio de Facenda, para as que acadou o número un en 1924. Foi destinado á delegación de Facenda en Ourense, onde permaneceu catro anos. Tras aprobar a oposición a xefe de Contabilidade foi destinado en 1928 a Pontevedra. Rexeitou a proposta do ministro de Facenda, José Calvo Sotelo, de formar parte do comité de intervención de cambios. En Pontevedra, entrou en contacto con Castelao e Losada Diéguez e participou nas tertulias do café Méndez Núñez. Da man de Castelao entrou a formar parte da Coral Polifónica, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego, con quen casou o 20 de outubro de 1930. Ese mesmo ano, foi invitado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de arte. Especialista en Arte Contemporánea, realiza as súas investigacións dende unha perspectiva sociolóxica. Entre as súas publicacións destacan: El realismo plástico en España de 1900 a 1936 (1967), Historia del Arte en España (1972), El arte del siglo XX. La construción de la vanguardia (1978), La ilustración gráfica del XX en España (1979), Sátira y tragedia: las imágenes de Castelao (1987), Arte y ciudad en Galicia, s XIX (1990) e Arte del siglo XX en España (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e avogado romanés. É autor de Intuneric şi lumina (Tebras e luces, 1912) e do drama Sorana (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político portugués. Estudiou Dereito na Universidade de Coimbra na que se licenciou en 1867, e se doutorou un ano despois. Foi catedrático de Literaturas Modernas do Curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. De ideas republicanas, trala revolución de 1910, foi Presidente do goberno provisional (1910) e Presidente da República Portuguesa (1915). Publicou moitos libros e traballos, sobre todo de temas literarios e filosóficos, e foi un dos principais animadores da denominada “xeración dos 70”. Como poeta escribiu Folhas Verdes (1859),Visão dos Tempos (1864), Tempestades Sonoras (1864), Torrentes (1869) e Miragens seculares (1884). Foi, ademais, un gran coñecedor da literatura popular como o demostra Alma Portuguesa (1902-1904), inspirada nas tradicións e na poesía oral, ademais de investigacións folcloristas como Poesia do Direito (1865); História da Poesia Popular Portuguesa, Cancioneiro Popular...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Físico e inventor. Foi catedrático de Física e Química do Instituto de Oviedo (1903) e despois do da Coruña (1916). Acadou renome polos seus inventos, como un aparello para a inscrición mecánica automática das variacións do magnetismo terrestre e un receptor radiotelegráfico que permitiu rexistrar radiogramas a unha distancia de case dous mil quilómetros. En 1899 fundou e dirixiu na Coruña o primeiro gabinete radiográfico da cidade. Doutorouse coa memoria Estudio de las radiaciones hertzianas e publicou Registro de las señales hertzianas a grandes distancias (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma clásica na cociña francesa de preparar o bacallau que consiste en ligar o peixe, posto previamente en remollo con allos, con aceite de oliva para conseguir unha pasta á que se lle engade leite.

    VER O DETALLE DO TERMO