"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • Colectivo creado na Coruña en 1897 por membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, coa finalidade de subministrar pan a baixo prezo ás capas populares. En 1902, un incendio acabou coa cooperativa, e os socios achegaron as súas accións á Escola Laica de nenas alentada pola Antorcha Galaica del Librepensamiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en 1871 en Santiago de Compostela coa finalidade de mellorar o acceso das capas populares compostelás á instrución, ao crédito e á atención sanitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en 1901 cun carácter de resistencia. En 1903 ingresou en UGT. Na década de 1920 adheriuse á Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia e mudou o seu nome polo de Sociedad de Marineros y Oficios Varios. Durante a Segunda República integrouse na CNT e na Federación Regional de Industria Pesquera como Sindicato de Oficios Varios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de prensa da federación de sociedades obreiras do mesmo nome que apareceu en Barcelona como semanario o 19 de outubro de 1907. Foi ata 1939 un dos máis destacados xornais do sindicalismo en España. Acadou difusión en todo o Estado español, como voceiro da CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir do 1919. Voceiro semanal do “Ateneo Sindicalista de Vigo, de la Federación Local de Tui y portavoz de la CNT de España”. Tivo unha segunda etapa entre maio e agosto de 1922, en que exerceu como voceiro da CNT da provincia de Pontevedra, substituíndo ao periódico Despertad!, editado polos membros do grupo libertario de idéntica denominación. Deixou de editarse en Vigo por acordo do 1º Congreso da CRG, celebrado nesa cidade en agosto de 1922, e trasladouse á Coruña como voceiro da Confederación Galaica da CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Coruña a partir de agosto de 1922. Como voceiro da CRG tivo tres etapas. A primeira foi entre agosto de 1922 e decembro de 1924, baixo a dirección de Xosé Suárez Duque. Á súa morte, en setembro de 1923, substituíuno Ricardo García Lago. Na segunda etapa trasladouse a Santiago de Compostela. Alí, Ezequiel Rey foi o seu director, e mantívose a tiraxe ata 1927, ano en que foi pechado pola censura. Nunha terceira etapa, entre novembro de 1930 e outubro de 1934, retornou á Coruña. Neste período dirixiu o semanario Xosé Villaverde, pero debido a un enfrontamento co réxime republicano en 1933 deixoulle o posto a Claro Xosé Sendón, quen o dirixiu ata a súa desaparición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sociedades obreiras non afiliadas a UGT que simpatizaban coa práctica da acción directa e o apoliticismo. Uníronse nunha xuntanza celebrada promovida polo Centro de Sociedades Obreras de Vigo en 1911 co nome de Confederación Regional Solidaridad Obrera de Galicia. O seu comité tiña sede na Coruña. Despareceu despois da folga xeral promovida pola CNT en outubro dese mesmo ano e tras a que o goberno suspendeu diversos colectivos integrados nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de sombrear.

    2. Acción e efecto de sombrear.

    3. Técnica que se emprega para darlle relevo aos obxectos e poder examinalos co microscopio. Consiste en proxectar lateralmente uns pos metálicos, xeralmente de ouro, sobre o obxecto, os que se reparten pola superficie tal como o faría un raio de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar sombra a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se fan ou se venden sombreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai ou vende sombreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sombreiraría.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de vestir que se pon na cabeza para cubrila e que pode ter diferentes formas e estar feita de diversos materiais.

      2. sombreiro cordobés

        Tipo de sombreiro de fieltro con aba ancha e plana, e copa cilíndrica.

      3. sombreiro de copa

        Sombreiro de copa alta con forma de cilindro e plana por arriba, que se usa en cerimonias ou actos solemnes.

      4. sombreiro de ferro

        Casco de abas largas e caídas que protexía o cranio e deixaba descuberto o rostro do guerreiro. Superaba o elmo en lixeireza e eficacia defensiva.

      5. sombreiro de tella

        Sombreiro de aba acanalada, en forma de tella, que levaban os capeláns.

      6. sombreiro de palla

        Sombreiro feito con palla de cereal, especialmente trigo e centeo.

      7. sombreiro de tres picos

        Sombreiro que está armado de forma triangular con tres picos.

    1. Parte superior ensanchada dos cogomelos que ten na cara de embaixo unhas pequenas láminas ou pregas que constitúen a parte fértil do aparato esporífero, xa que nelas se orixinan as esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (8.270 km2; 310.790 h [1988]). A súa capital é Soubré (7.016 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División taxonómica intermedia entre reino e filo. OBS: A súa pronuncia é sub-reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción que se realiza en segredo.

    2. Ocultación dun feito, especialmente para obter aquilo que doutra maneira non se consegue.

    3. Pretensión de cargo, privilexio ou dignidade, feita con fraude, alegando feitos e circunstancias alleas á verdade. OBS: A súa pronuncia é sub-repción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fixo ocultamente.

    2. Que se obtivo por subrepción.

    3. Acta obtida por subrepción e falsa no contido. OBS: A súa pronuncia é sub-repticio.

    VER O DETALLE DO TERMO