Sociedad La Protección Obrera de Porto do Son

Sociedad La Protección Obrera de Porto do Son

Sociedade fundada en 1901 cun carácter de resistencia. En 1903 ingresou en UGT. Na década de 1920 adheriuse á Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia e mudou o seu nome polo de Sociedad de Marineros y Oficios Varios. Durante a Segunda República integrouse na CNT e na Federación Regional de Industria Pesquera como Sindicato de Oficios Varios.